Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 179SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas estime convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 7 de marzo de 2001.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expedientes

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Tipificación da infracción

Regulamento de epizootias

Sanción proposta

179SA/00Carmen Liste García

Garabal. San Silvestre nº 7

Santiago de Compostela-A Coruña

33.221.327

A Policía autonómica denuncia que vostede transportaba no vehículo Seat Trans matrícula C-2192-AJ un animal bovino co crotal ES061103699140, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo no Serv. de Produc. e Sanidade Animal desta consellería52.4º do Regul. de epizootias, 5.2º da Orde 4-4-1997 en relac. co 224 do Regul. de epizootias15.000 pesetas