Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 026SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publi

ca-la resolución do procedemento sancionador por infracción a Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, oficina principal, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación

provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada

perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 7 de marzo de 2001.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expedientes

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Tipificación da infracción

Regulamento de epizootias

Sanción

026SA/00José Manuel Mosteiro López

Praza de Azcárraga, 5-2º

A Coruña

32.692.829

A Policía autonómica denuncia que vostede transportaba no vehículo Tata Gran Telco Sport, matrícula LU-9663-T, dous animais bovinos identificados ES06193CI e ESC55489B, comprados na explotación de Luisa Varela Gil, carecendo do carnet de tratante.196 do Regulamento de epizootias en relación co 213 do mesmo Regulamento de epizootías5.000 pesetas