Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (253/1999).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do seguinte teor literal:

«En Santiago de Compostela, doce de febreiro de dous mil un.

Vistos por Amelia María Cortizo Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número de procedemento 253/1999 por instancia de Purificación García Cardama, representada pola procuradora María Pérez Otero e defendida polo letrado José Antonio Montero Vilar, sendo parte demandada Marcial Granja Raviña, que foi declarada en rebeldía, e nos que fora parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora María Pérez Otero, en nome e representación de Purificación García Cardama, contra Marcial Granja Raviña, debo decreta-la separación conxugal da dita demandante e demandado, en virtude das causas de separación expresadas.

No concernente ás medidas, ademais da disolución da sociedade de gananciais, se os houbese, acordánse as seguintes:

A) Atribúeselle á nai a garda e custodia da filla menor, Begoña García Granja, sen prexuízo dos acordos a que puidesen chega-los pais en canto ó réxime de visitas e dereito de compañía do pai, que sempre terán en conta o beneficio da menor.

B) Declárase a obriga do demandado, Marcial Granja Raviña, de contribuír ó levantamento das cargas familiares na cantidade de 20.000 (vinte mil) pesetas mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a demandante lle sinala para o efecto; a dita cantidade será revisable conforme o índice do prezo ó consumo.

Todas estas medidas acórdanse mentres non se acredite unha substancial alteración das circunstancias tidas en conta para a súa adopción.

Non se ofrecen méritos para un especial pronunciamento en custas.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde coas especialidades establecidas nas leis, así como á demandante, facéndolles saber que a dita

resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil, delegado de Boqueixón, co obxecto de practica-la correspondente anotación onde consta inscrito o matrimonio, no tomo 17, páxina 002 de 1, para o cal se xuntará testemuño desta resolución, debendo comunicarse a este xulgado a práctica dela.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos da súa razón, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marcial Granja Raviña, redáctase esta cédula para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, doce de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado