Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (845/2000).

Jaime Balado Yañez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 845/2000 por instancia de Hermenegildo Nuñez Fernández, contra a empresa Antonio Blanco Prada e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidad, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 14 de marzo de 2001.

Joge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 845/2000 seguidos por instancia de Hermenegildo Núñez Fernández, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Antonio Blanco Prada, que no comparece nos autos, sendo o obxecto da reclamación cantidade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo admitir e admito a demanda interposta por Hermenegildo Núñez Fernández contra a empresa Antonio Blanco Prada e o Fogasa, condenando a demandada a aboar ó demandante a cantidade de 109.836 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá o anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten

aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Antonio Blanco Prada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña o 14 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado