Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (297/2000).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 297/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Padrón o vintetrés de novembro de dous mil.

Dolores Vilar Hortas, xuíza de instrucción, vista e oída no xuízo oral e público a presente causa xuízo de faltas 297/2000, seguida por unha falta de danos contra Ramón Batalla Rodríguez, sendo parte nela o Ministerio Fiscal e Diamantina Pérez Figueira.

Decido que debo absolver e absolvo a Ramón Batalla Rodríguez con tódolos pronunciamentos legais favorables, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa reolución pola audiencia provincial.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ramón Batalla Rodríguez, actualmente en

paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o trece de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado