Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación de sentencia (108/1998).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de

Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas 108/1998, seguido ante este xulgado por lesións de tráfico, sendo denunciante José Antonio Villar García, Eva María Felípez García e Manuel Villar Ponte e denunciado Manuel Jacinto López Parga nos que recaeu sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número. En Carballo, 26 de marzo de 1999. Carballo, 14 de marzo de 2001, Óscar Méndez Fernández, secretario deste xulgado, fago constar que con data 26 de marzo de 1999 se dictou sentencia no xuízo de faltas 108/1998, seguido por lesións de tráfico coa parte dispositiva seguinte:

Que debo absolver e absolvo a Manuel Jacinto Parga dos feitos que deron lugar a este procedemento con declaración de oficio das custas causadas, deixando a salvo as accións civís que se é o caso poidan ser exercidas. Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. E para que sirva de notificación a Jesús Darío Belmonte González, que se atopa en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo, o catorce de marzo de dous mil uno».

O secretario

Rubricado