Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 00/025 e 00/047 convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han de resolve-los concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade nº 00/025 e 00/047 convocados por Resolución do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio) e 1 de agosto de 2000 (BOE do 22), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 12 de marzo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Praza nº: 00/025.

Comisión titular:

Presidente: Rioboo Almanzor, José María, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Cancelo de la Torre, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Martín Pliego, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Fillat Castejón, Carmen, profesora titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Ortega Aguaza, Bienvenido, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: Pedreira Andrade, Luis Pedro, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Uriz Tomé, Pilar, catedrática de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Caramés Viéitez, Luis Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Guijarro Garvi, Marta María, profesora titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Revuelta Lapique, José Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencias e técnicas da navegación.

Praza nº: 00/047.

Comisión titular:

Presidente: Bastida Tirado, José, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Martínez Mayán, José Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

García Melón, Enrique, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Fernández Rico, Roberto M., profesor titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Alonso Pica, Manuel Ángel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Eguia López, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Fernández Hermida, Senén, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Achutegui Rodríguez, Juan José, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Rodríguez Torres, Juan Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Laguna.

San Luis Gutiérrez, Felipe, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Laguna.