Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001 pola que se convocan seis cursos e oito xornadas de formación en materia de consumo.

No uso das atribucións outorgadas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo os cursos e xornadas indicados no anexo I desta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos e xornadas deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que correspondan, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso que se solicita, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no ano seguinte.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

4. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública; polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no Rexistro da EGAP, pero poderanse utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Admitiranse tamén incricións por telefax: 981 54 63 30.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada actividade do referido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios de selectivos que se utilizarán serán os recollidos no anexo I para cada unha das actividades programadas.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, aínda que a falta de asistencia, mesmo se é xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento das actividades anunciadas co fin de adaptalas ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Xornadas sobre campañas de Inspección 2001.

1. Obxectivos.

Análise das estratexias de actuación e unificación de criterios no desenvolvemento das campañas de inspección do IGC nacionais e autonómicas para o ano 2001.

2. Destinatarios.

Responsables de control de mercado da Comunidade Autónoma galega.

3. Desenvolvemento.

3.1. N.º de edicións: 8.

3.2. Duración: 4 horas cada edición.

3.3. Lugares: nas catro capitais de provincia.

3.4. Datas: abril e setembro.

3.5. Horario: das 10 ás 14 horas.

4. Contido.

Análise dos protocolos das campañas de inspección autonómicas e nacionais.

Curso: cuestións técnicas e ilegalidades nas vivendas.

1. Obxectivos.

Ofrecerlles coñecementos ós inspectores de consumo sobre determinados aspectos técnicos relacionados coas vivendas, no desenvolvemento das visitas de inspección.

2. Destinatarios.

Persoal do IGC con responsabilidades en control de mercado.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 4.

3.2. Duración: 12 horas cada edición.

3.3. Lugares e datas de realización:

A Coruña: 6 e 7 de xuño.

Lugo: 13 e 14 de xuño.

Ourense: 20 e 21 de xuño.

Pontevedra: 27 e 28 de xuño.

3.4. Horario: das 10 ás 14 horas e de 16 a 18 horas.

4. Contido.

Normativa técnica aplicable ás vivendas, e coñecemento das técnicas necesarias para a súa aplicación. Interpretación de planos, medicións e cuestións técnicas. Análise das demandas e reclamacións máis frecuentes sobre cuestións ilegais.

Curso: Formación de formadores.

1. Obxectivos.

Achegar coñecementos e desenvolve-las habilidades dos participantes de cara á programación e realización de actividades formativas.

Dominar técnicas de dinámica de grupos para conseguir un ambiente de colaboración.

2. Destinatarios.

Profesionais da educación do consumidor que realizan actividades de formación de xeito habitual.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 1.

3.2. Duración: 30 horas.

3.3. Lugar: Santiago de Compostela (EGAP).

3.4. Datas de realización: 18 ó 22 de xuño.

3.5. Horario: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4. Contido.

Técnicas de comunicación. Dinámica de grupos. Utilización das ferramentas de apoio á comunicación. Prácticas e gravación en vídeo das intervencións.

Curso: o euro.

1. Obxectivos.

Determina-la situación actual dos consumidores galegos de cara á próxima implantación da moeda única, e avalia-las actuacións levadas a cabo durante o período transitorio.

2. Destinatarios.

Persoal das administracións autonómica e local e das organizacións de consumidores con responsabilidade na información e formación do consumidor.

3. Desenvolvemento.

3.1. N.º de edicións: 2.

3.2. Duración: 8 horas cada edición.

3.3. Lugares: Santiago de Compostela

3.4. Datas de realización: 25 de setembro; 28 de novembro.

3.5. Horario: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4. Contido.

Determina-la situación dos consumidores de cara á implantación do euro. Balance das actividades levadas a cabo durante o período transitorio. Actuacións necesarias durante o período de convivencia das dúas moedas.

Curso: información ó consumidor.

1. Obxectivos.

Formación do persoal das administracións públicas en materia de información ó consumidor e usuario.

2. Destinatarios.

Persoal de IGC con responsabilidade en control de mercado e atención ó consumidor, e persoal das oficinas municipais de información ó consumidor, e das organizacións de consumidores con responsabilidades no eido da información e protección do consumidor.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 4.

3.2. Duración: 10 horas cada edición.

3.3. Lugares e datas de realización:

A Coruña: 30 e 31 de outubro.

Lugo: 6 e 7 de novembro.

Ourense: 8 e 9 de novembro.

Pontevedra: 13 e 14 de novembro.

3.4. Horario: das 10 ás 13 horas e das 16 ás 18 horas.

4. Contido.

A información ó consumidor. A mediación. As reclamacións e denuncias: recepción, tramitación e resolución.

Curso: arbitraxe de consumo.

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos técnicos e xurídicos que favorezan o desenvolvemento do labor arbitral de consumo.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, das organizacións de consumidores, e das organizacións empresariais que actúen ou poidan actuar como árbitros nos distintos colexios arbitrais de Consumo da Comunidade Autónoma.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 2.

3.2. Duración: 10 horas cada edición.

3.3. Lugares e datas de realización:

A Coruña: 21 ó 25 de maio.

Vigo: 17 ó 21 de setembro.

3.4. Horario: das 19.30 horas ás 21.30 horas.

4. Contido.

Aspectos xurídicos nas reclamacións do sector téxtil. Análises periciais. Problemáticas máis frecuentes nas reclamacións do sector. Aspectos prácticos que se van realizar nunha tinturería.

Curso: garantías e reparacións de automóbiles.

1. Obxectivos.

Estudia-la regulamentación xeral e específica das garantías na compra dos automóbiles. Analiza-la regulamentación xeral e específica nos servicios técnicos de reparación de automóbiles.

2. Destinatarios.

Persoal das administracións autonómica e local e das organizacións de consumidores con responsabilidades na información e protección do consumidor.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 1.

3.2. Duración: 12 horas.

3.3. Lugares e datas de realización:

Santiago de Compostela (EGAP): 8 e 9 de maio.

3.4. Horario: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4. Contido.

Normativa xeral e específica. Aspectos legais das garantías. Condicións dos establecementos, e técnicas de reparación. Tramitación das denuncias e reclamacións.