Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban definitivamente as relacións de admitidos e excluídos e se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso L-01/00, convocado pola Orde do 12 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro).

Convocado o concurso L-01/00 para a provisión de postos de traballo vacantes incluídos na oferta pública de persoal laboral que foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro de 2000, e á vista da proposta realizada pola comisión de valoración de conformidade co establecido na base 7ª da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las relacións definitivas dos solicitantes admitidos e excluídos do concurso L-01/00 e facer públicas as puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos

solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Dirección Xeral da Función Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-Os aspirantes admitidos que non estean de acordo coa puntuación provisional disporán, de conformidade co disposto na base 7.1 da convocatoria, dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para alegaren a desconformidade coa puntuación provisional así como as razóns desta. As alegacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Contra a relación definitiva de admitidos e excluídos poderase formular reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública

no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública