Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de marzo de 2001 pola que se lle notifica a Celso Neira Caínzos a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente C 1IV78, conta 22).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Enrique Granados, bloque 41, portal 4-1º B, en Ferrol), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Celso Neira Caínzos a resolución do director xeral do IGVS do 14 de febreiro de 2001, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo

Resolución

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Celso Neira Caínzos, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Enrique Granados, bloque 41, portal 4-1º B, polígono de Caranza, na cidade de Ferrol (A Coruña), correspondente ó:

Expediente: C 1IV78, conta 22, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.249.778 pesetas, na data 29 de xaneiro de 1999.

2. Con data do 16 de xuño de 1999, fíxoselle requirimento de pagamento pola devandita cantidade, o dito requirimento non puido ser notificado persoalmente ó interesado, polo que se publicou no DOG de data 4 de agosto de 1999 e, así mesmo, publicado no taboleiro oficial de edictos do Concello de Ferrol, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. O 11 de xaneiro de 2001, a débeda ascende a 1.431.482 pesetas, por non pagamento dos recibos seguintes: decembro/83 a xaneiro/2001.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo

o funcionario do IGVS que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselles a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2001. José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo