Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de marzo de 2001 pola que se lle notifica a Manuel López Novo a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente C 82010, conta 228).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Mestre López Dafonte, P-M, 4º D, polígono de Esteiro-As Telleiras, en Ferrol), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Manuel López Novo a resolución do director xeral do IGVS do 29 de xaneiro de 2001, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo

Resolución

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Manuel López Novo, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Mestre López Dafonte, P-M, 4º D, polígono

de Esteiro-As Telleiras, en Ferrol (A Coruña) correspondente ó:

Expediente: C 82010, conta 228, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.193.676 pesetas, na data 16 de setembro de 1999.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas a esa data, o dito requirimento non foi atendido.

Igualmente, foi citado para comparecer en trámite de audiencia na Xefatura Provincial, mediante notificación de data 7 de febreiro de 2000 e non compareceu.

3. O 24 de xaneiro de 2001, a débeda ascende a 1.411.620 pesetas, por non pagamento dos recibos seguintes: marzo/87 a xaneiro/2001.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para

a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselles a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 2001. José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo