Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 07/01P e tres máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 16 de marzo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-13/01PJuan Carlos Pérez Suárez

34.960.274K

Nicomedes Pastor Díaz, nº 1-4º esqu.

Ourense

Pescar empregando un cebo non permitido (culleriña)Lei pesca fluvial de Galicia 7/1992, artigo 34.14º50.001 pesetas

OU-07/01PAlejandro Salgado García

44.465.772

R/ Rosalía de Castro, 26-2º

Verín-Ourense

Pescar sen licencia aínda sendo titular delaLei pesca fluvial de Galicia 7/1992, artigo 33.1º50.001 pesetas

OU-09/01PSantiago Álvarez González

34.990.815H

R/ Manuel Martínez Sueiro, 4-1º B

Ourense

Pescar en luns non festivo, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial de Galicia 7/1992, artigo 34.8º50.001 pesetas

OU-26/01PAntonio Cobelas Martínez

34.514.961

Lg. San Paio, 87

Ribadavia-Ourense

Pescar en época de vedaLei pesca fluvial de Galicia 7/1992, artigo 34.8º50.001 pesetas