Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 234/00P en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Malia o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 15 de marzo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 234/00-P.

Denunciado: José María Giménez Montoya.

DNI: 44453725S.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, nº 1-1º B (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.