Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de marzo de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 1/2001, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 1/2001.

Denominación: monte Costa e Pena do Castelo.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Lieiro e Castelo.

Parroquia: Lieiro.

Concello: Cervo.

Superficie: 17 hectáreas.

Estremas da parcela Costa-13,5 hectáreas: norte, estrada de Lieiro a Costa, predios particulares e pista; leste, pista e predios particulares; sur, pista e predios particulares, chegando ata unha faixa lineal expropiada por Alúmina-Aluminio para a construcción de infraestructura hidráulica; oeste, camiño, predios particulares e estrada de Lieiro a Costa.

Estremas da parcela Pena do Castelo-3,5 hectáreas: norte, estrada que conduce ó complexo industrial de Alúmina-Aluminio; leste, predios particulares; sur, predios particulares; oeste, predios particulares.

En virtude do acordado polo xurado, na sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 2000, e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 5 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo