Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 13 de marzo de 2001 polo que se comunica o inicio de expediente de incumprimento á empresa Silvosa Rodríguez, Fernando Álvaro, expediente C1/94.2091.0707.N.2582, de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Silvosa Rodríguez, Fernando Álvaro titular do expediente C1/94.2091.0707.N.2582 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido pola entidade financeira prestamista, que con data do 31 de marzo de 2000, a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento total, ó estimar que a entidade non acreditou o cumprimento dos compromisos adquiridos ó acepta-la resolución de concesión con data do 30 de decembro de 1994; concretamente o incumprimento baséase en que o investimento obxecto da subvención non se mantivo durante o prazo de vixencia do préstamo subsidiado, podendo implica-lo incumprimento a revogación da axuda concedida e reintegro de cantidades.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n, logo de petición de hora, ó teléfono 981/54 11 55 de luns a venres de 8.30 a 14 horas e concédeselle un prazo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que alegue ou presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica