Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 13 de marzo de 2001 polo que se comunica o inicio de expediente de incumprimento á empresa Panadería Santa Margarita, S.L., expediente I1/97.0182.2200.N.97015708, de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Panadería Santa Margarita, S.L., titular do expediente I1/97.0182.2200.N.97015708 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido pola entidade financeira prestamista, que con data do 26 de setembro de 2000, a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, ó estimar que a entidade non acreditou o cumprimento dos compromisos adquiridos ó acepta-la resolución de concesión con data do 4 de xullo de 1997; concretamente o incumprimento baséase na non xustificación da realización e pagamento dos investimentos comprometidos, podendo implica-lo incumprimento a revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n, logo de petición de hora, ó teléfono 981 54 11 55 de luns a venres de 8.30 a 14 horas e concédeselle un prazo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que alegue ou presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica