De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Díaz Suárez, Jesús Manuel, titular do expediente 1/96.2091.0204.N.144589 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido pola entidade financeira prestamista, que con data do 16 de xuño de 2000, a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento total, ó estimar que a entidade non acreditou o cumprimento dos compromisos adquiridos ó acepta-la resolución de concesión con data do 28 de febreiro de 1997; concretamente o incumprimento baséase en que o investimento adecuadamente xustificado ascende a 9.466.829 pesetas, inferior ó importe aprobado e ó mínimo de 10.000.000 de pesetas, establecido no convenio polo que non lle correspondería préstamo subsidiario ningún.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n, logo de petición de hora, ó teléfono 981 54 11 55 de luns a venres de 8.30 a 14 horas e concédeselle un prazo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que alegue ou presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica