Notifícaselles ós interesados que a seguir se relacionan, aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos domicilios expresados, correspondentes a resolucións de expedientes de incumprimento total de condicións da concesión de subsidiación ó tipo de xuro de préstamos, ó abeiro da convocatoria para 1998 da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial (orde da Consellería de Economíca e Facenda do 31 de marzo de 1998, DOG nº 81, do 29 de abril):
Expediente: IPFA-007/98.
Titular: TC-FL, S.L.
CIF: B-36.219.905.
Domicilio Rafael Dieste, 7-baixo, 36004 Pontevedra.
Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2001, de incuprimento total para un proxecto aprobado dentro da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial correspondente ó ano 1998.
Expediente: IPFA-120/98.
Titular: Suministros Río Eume, S.L.
CIF: B-15.665.094.
Domicilio: edif. Miramar, 34-baixo esq., O Barro, 15600 Pontedeume (A Coruña).
Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2001, de incumprimento total para un proxecto aprobado dentro da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial correspondente ó ano 1998.
Expediente: IPYME/DI/98/066.
Titular: Pícaros Línea Bebé, S.L.
CIF: B-36.164.200.
Domicilio avda. de Vigo, 91-baixo, 36940 Cangas de Morrazo (Pontevedra).
Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2001, de incumprimento total para un proxecto aprobado dentro da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial correspondente ó ano 1998.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os expedientes completos atópanse na Subdirección de Programas de Axuda á Innovación da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto referido.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde esta publicación.
O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica