Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS-14/2001) (4 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Servicio de Suministracións, Mantemento

e Instalacions (División Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67-981 54 27 68. Fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3.a) Lugar da entrega da subministración: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento (4 lotes).

Orzamento total: cento vinteoito millóns oitocentas sesenta e duas mil novecentas pesetas con IVE incluído (128.862.900 pesetas con IVE incluído) (774.481,63 euros), desagregándose en dúas anualidades 58.512.800 pesetas (351.669,01 euros) para o ano 2001 e 70.350.100 pesetas (422.812,62 euros) para o ano 2002.

Lote nº 1: moblaxe xeral, 17.143.100 pesetas (103.032,11 euros) para o ano 2001 e 18.575.600 pesetas (111.641,60 euros) para o ano 2002.

Lote nº 2: cadeiras, 16.286.000 pesetas (97.880,83 euros) para o ano 2001 e 23.774.000 pesetas (142.884,62 euros) para o ano 2002.

Lote nº 3: moblaxe clínica, 12.029.500 pesetas (72.298,75 euros) para o ano 2001 e 12.869.500 pesetas (77.347,25 euros) para o ano 2002.

Lote nº 4: aparellos sanitarios, 13.054.200 pesetas (78.457,32 euros) para o ano 2001 e 15.131.000 pesetas (90.939,14 euros) para o ano 2002.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega: prazo de entregas parciais, que se adaptarán ás datas de finalización das obras dos centros de saúde.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 2 de maio de 2001.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 8 de maio de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirxe: ver punto 1.

c) Ligua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 2º, a partir das 10 horas do undécimo día natural contado de,de o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día

coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional: a garantía provisional é do 2 % do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2001.

13.Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. No seu caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: os anuncios do presente concurso correrán a cargo do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Autónomas de Europeas do anuncio de información previa: 21 de xullo de 2000.

17. Data de envío do anuncio: 2 de abril de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Eurpeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos