Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial correspondente ó ano 2000 e as táboas salariais para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira da provincia da Coruña.

Visto o texto de revisión salarial correspondente ó ano 2000 e as táboas salariais para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira da provincia da Coruña (código convenio 1501235), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-2-2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Rematantes y Aserradores de la Madera de A Coruña, e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 1-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación

provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

Ramón Romero Quintáns.

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

Parte sindical:

UGT:

Juan Carlos Tubío Redondo.

CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

CIG:

Vicente Moreiras Sobrido.

Na Coruña, ás dezaseis trinta horas do 1 de febreiro do ano 2001, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do coinvenio colectivo provincial de serradores e rematantes da madeira da provincia da Coruña para proceder, dando cumprimento ó pactado nos artigos 31, 32 e 33 do convenio vixente, á revisión e confección das táboas salariais correspondentes ó período comprendido desde o 1 de xaneiro do ano 2001 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Reunidas ámbalas partes, procédese á revisión salarial do período do 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000 e á confección das táboas salariais correspondentes ó ano 2001.

Debatido entre as partes presentes o contido do artigo 32 do convenio vixente, acórdase que a interpretación del garante unha revisión salarial de incrementar en 0,75 puntos o IPC real. Deste xeito, a revisión das táboas salariais e das axudas de custo, correspondentes ó ano 2000 serán realizadas a partir das do ano 1999 incrementadas en 4,75 puntos correspondentes a 4 puntos do IPC real do ano 2000 máis 0,75 puntos. E, en aplicación do artigo 31 do citado convenio, increméntanse as táboas e axudas de custo do ano 2000 xa revisadas, en 2,75 puntos correspondentes ó IPC previsto para o ano 2001 máis 0,75 puntos, establecendo as táboas e axudas de custo correspondentes ó ano 2001, tal e como aparecen reflectidas no anexo que se xunta coa presente acta.

En canto ó artigo 33, acórdase revisalas nun incremento igual ó IPC real do ano 2000 que se situou en 4 puntos.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito trinta horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.

ANEXO

Táboas salariais para o ano 2001

Período ano 2001

Grupo

profesional

Nivel salarialSalario

mensual

Cómputo

anual

Atrasos

ano 2000

ITécnico proxectista108.4201.681.91030.200

Perito105.8901.646.49029.542

ATS105.8901.646.49029.542

Xefe administrativo 1ª108.4201.681.91030.200

Encargado105.8901.646.49029.542

IIDelineante103.3531.610.97228.870

Xefe administrativo105.8901.646.49029.542

Período ano 2001

Grupo

profesional

Nivel salarialSalario

mensual

Cómputo

anual

Atrasos

ano 2000

IIIAuxiliar analista101.1591.580.25628.310

Oficial administrativo 1ª103.3531.610.97228.870

Oficial administrativo 2ª101.1591.580.25628.310

Auxiliar administrativo98.7981.547.20227.694

Oficial de 1ª103.3531.610.97228.870

Oficial de 2ª101.1591.580.25628.310

Axudante98.7981.547.20227.694

Peón especializado96.7841.519.00627.162

Peón94.3341.484.70626.532

Ordenanza94.3341.484.70626.532

Garda e vixiante94.3341.484.70626.532

Paga 1º de maio: 27.500 pesetas.

Complemento asistencia: período ano 2001:

Traballadores menores de idade: 129 pesetas.

Traballadores en formación de 18 a 20 anos: 154 pesetas.

Resto dos traballadores: 226 pesetas.

Complemento transporte, período ano 2001: 352 pesetas.