Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 27 de marzo de 2001 pola que se definen as bases reguladoras dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan estas para o ano 2001.

O Regulamento (CE) 1257/1999, do 17 de maio, do Consello, relativo ás axudas para desenvolvemento rural con cargo ó Feoga Garantía, establece, no seu capítulo IV, artigos 10 a 12, unha medida para favorece-lo cesamento anticipado na actividade agraria. Os ditos preceptos desenvolvéronse a través da sección 4, artigos 7 a 9, do Regulamento (CE) 1750/1999, do 23 de xuño, da Comisión.

O Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, regula, agás no País Vasco e en Navarra, a aplicación do dito programa no Estado español.

A Lei 7/1994, do 29 de decembro, dispón que lle corresponde ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, en adiante Ilgga, a execución da política da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, en relación co sector lácteo e gandeiro, para o cal poderá adoptar todo tipo de accións que contribúan á mellora do sistema productivo agrario. Así mesmo, tamén lle encomenda a execución das actuacións derivadas da aplicación da reforma da Política Agrícola Común (PAC), incluso en relación coas medidas de acompañamento, como é o caso do cesamento anticipado.

De acordo co anterior, nesta orde defínense as bases reguladoras para a aplicación do programa de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en Galicia, á vez que se convocan estas e se determina a súa imputación económica no exercicio orzamentario para o ano 2001, de acordo co establecido no Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren a Lei 1/1993, reguladora da Xunta e do seu presidente e o Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, do programa de axudas ó cesamento anticipado na actividade agraria, así como a súa convocatoria no ano 2001.

Artigo 2º.-Definicións.

Para os efectos de aplicación de estas axudas enténdese por:

a) Cedente ou cesionista: o agricultor que cese definitivamente na actividade agraria con fins comerciais e ceda a súa explotación ben a un cesionario ou ben a un servicio de transmisión.

b) Cesionario agrario: a persoa física ou xurídica, xa que se inclúen tamén as cooperativas e entidades asociativas agrarias, que suceda ó cedente á fronte da explotación agraria e que, con tal motivo, amplíe o tamaño desta, ou que tome, en todo ou en parte, as terras cedidas polo cedente para ampliar así a súa propia explotación. Inclúense no concepto de cesionario agrario os agricultores mozos.

c) Traballadores da explotación: as persoas que exerzan a súa actividade na explotación do cedente, sexan membros da familia do titular ou asalariadas e cesen definitivamente na actividade agraria.

d) Cesionario non agrario: a persoa ou entidade que se faga cargo das terras cedidas para destinalas a usos forestais, á creación de reservas ecolóxicas ou a outros usos non agrarios.

e) Titular da explotación: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civís, sociais e fiscais que poidan derivarse da xestión da explotación.

f) Agricultor a título principal: o agricultor que obteña, polo menos, o 50 por 100 da súa renda total da actividade agraria exercida na súa explotación e que o tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

g) Explotación agraria: conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo titular no exercicio da actividade agraria, fundamentalmente con fins de mercado, que constitúe, en si mesma, unha unidade técnico-económica.

h) Hectárea tipo: superficie comprendida por unha hectárea, cunha marxe bruta estándar de 49.915,8 pesetas (300 euros) ou o seu equivalente en Unidades de Gando Maior (UGM).

i) Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado por unha persoa dedicada a tempo completo, durante un ano, á actividade agraria.

j) Agricultor mozo: a persoa, maior de dezaoito anos e menor de corenta anos, que exerza ou pretenda exerce-la actividade agraria.

Artigo 3º.-Beneficiarios das axudas.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas no presente programa:

a) Os cedentes que cesen definitivamente na actividade agraria

b) Os traballadores das explotacións dos cedentes que, á vez que estes, cesen definitivamente na actividade agraria.

Artigo 4º.-Requisitos dos cedentes.

Para ser beneficiarios das axudas consideradas na presente orde, os cedentes deben cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ter cumprido cincuenta e cinco anos de idade, sen acadaren os sesenta e cinco no momento do seu cesamento.

b) Ter exercido a actividade agraria durante os dez anos anteriores ó cesamento.

c) Ter cotizado a calquera réxime do sistema da Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, polo menos quince de cotización.

d) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Artigo 5º.-Requisitos dos cesionarios.

1. Poderán ser cesionarios agrarios as seguintes persoas:

a) As persoas físicas que sexan titulares de explotacións agrarias desde, polo menos, un ano antes da data do cumprimento do cesamento na actividade agraria polo cedente cando reúnan os seguintes requisitos:

-Non ter cumpridos os cincuenta anos de idade no momento do cesamento do cedente.

-Posuír un nivel de capacitación profesional suficiente segundo o indicado no Decreto 247/2000, do 29 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de capacitación agraria. No caso de incorporación de agricultor mozo basta co compromiso de acadar, no prazo máximo de dous anos, a dita capacitación.

-Estar dado de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria e ter cotizado nestes réximes durante un período mínimo dun ano.

-Exercer ou pasar a exercer, como consecuencia do aumento de dimensión da súa explotación, a actividade agraria a título principal.

b) Os traballadores do sector agrario que, non sendo titulares dunha explotación, cumpran os requisitos previstos na leatra a) anterior.

c) Os agricultores mozos.

d) As cooperativas e entidades asociativas agrarias.

2. En calquera caso, os cesionarios agrarios teñen que comprometerse a exerce-la actividade agraria a título principal e a mante-la explotación resultante da transmisión, ou explotación equivalente, durante un prazo mínimo de cinco anos. Se antes de transcorrido o dito período o cesionario abandona a actividade agraria, a explotación transmitida deberá poñerse á disposición do servicio de transmisión para a súa reasignación, ata completa-lo período.

3. En ningún caso un cónxuxe poderá ser cesionario do outro cónxuxe para os efectos deste programa.

4. Poderán ser cesionarios non agrarios as persoas físicas ou xurídicas que se fagan cargo das terras cedidas para destinalas a usos forestais, á creación de reservas ecolóxicas ou a outros usos non agrarios.

5. Os cesionarios non agrarios deberán acredita-la compatibilidade da actividade proposta cos criterios legais e de respecto e promoción do medio ambiente e do espacio rural. Cando esa actividade non agraria teña unha finalidade principalmente económica deberán demostra-la súa viabilidade técnico-económica.

Artigo 6º.-Requisitos dos traballadores.

Os traballadores da explotación na que o seu titular cesa na actividade agraria, para poderen ser beneficiarios das axudas establecidas neste programa deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ter cumpridos os cincuenta e cinco anos de idade sen acadaren os sesenta e cinco no momento do cesamento do cedente.

b) Ter cotizado a calquera réxime do sistema de Seguridade Social durante un período previo tal que lles permita completar, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, polo menos quince de cotización, dos que os dous últimos anteriores ó cesamento teñen que selo sen interrupción.

c) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

d) Ter dedicado á actividade agraria, polo menos, a metade do seu tempo de traballo durante os cinco anos anteriores ó cesamento.

e) Ter traballado na explotación do cedente, como mínimo, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo a tempo completo durante os cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do antedito titular.

Artigo 7º.-Requisitos das explotacións.

1. Da explotación do cedente:

-Deberá ter unha dimensión mínima de 12 hectáreas tipo.

-Non deberá empregar máis de dúas unidades de traballo asalariado, nin estas excede-la achega de man de obra familiar.

-Non deberá ter experimentado unha reducción na súa superficie superior ó 20 por 100 nos dous últimos anos anteriores á solicitude do cesamento anticipado, agás cando o cesionario sexa fillo do titular e recibira, con anterioridade ó cesamento, parte da explotación, ou por causa de forza maior debidamente xustificada.

2. Da explotación do cesionario:

-Para mellora-la viabilidade da explotación resultante, o cesionario debe achegar unha explotación agraria cunha dimensión mínima de 16 hectáreas tipo. Se o cesionario é un agricultor mozo que se instala con motivo do cesamento, ou un traballador, deberá amplia-la explotación que recibe do cedente cunha dimensión mínima equivalente a 12 hectáreas tipo, dentro dos catro anos seguintes á súa instalación.

-En todo caso o cesionario agrario, entre a explotación que achega e a que recibe do cedente, debe ter unha rendibilidade por UTA igual ou superior ó 35 por 100 da renda de referencia, que para o ano 2001 está establecida en 3.132.950 pesetas (18.829,41 euros).

3. Cada solicitude presentada será sometida a unha avaliación mediante a que se determinará a dimensión económica das explotacións do cedente e do cesionario. Así mesmo, realizarase un estudio de viabilidade da explotación resultante mediante o que se avaliará, polo menos, a mellora da súa viabilidade nun período de cinco anos.

Artigo 8º.-Requisitos da transmisión.

1. Para poder acceder ás axudas previstas no presente programa deberán cumprirse as seguintes condicións:

a) Nas cesións a cesionarios agrarios ou ó servicio de transmisión, o cedente debe transmiti-la base territorial da súa explotación, así como tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas, tanto á parte agrícola como á gandeira, a un ou máis cesionarios que cumpran os requisitos previstos no artigo 5º.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, o cedente poderá seguir explotando, como máximo, un 10 por 100 da superficie agrícola da súa explotación, sen superar unha hectárea e unha unidade de gando maior, para dedicala ó consumo familiar. Poderá, ademais, dispoñer total ou parcialmente das superficies ocupadas por construccións, sempre que as empregue como vivenda permanente.

b) A explotación, ou a parte que sexa propiedade do cedente, ten que transmitirse, a excepción, se é o caso, das superficies que se conserven en virtude

do segundo parágrafo do anterior a), en propiedade, ou cedela en arrendamento, por un prazo non inferior a cinco anos e sempre superior ó período de tempo transcorrido entre a data de cesamento e o momento en que o cedente cumpra sesenta e cinco anos. A transmisión en propiedade formalizarase en escritura pública. No caso de arrendamento, formalizarase tamén mediante escritura pública ou contrato privado inscrito no Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos.

Cando o cedente non sexa propietario de toda ou parte da explotación, deberá resolve-los contratos que afecten á súa actividade productiva.

2. As transmisións a cesionarios non agrarios faranse a través do Servicio de transmisión.

3. Cando a actividade que vaian realiza-los cesionarios non agrarios sobre as terras cedidas considere a súa forestación para a producción de madeira, a cesión en arrendamento terá que formalizarse cunha duración mínima de 15 anos.

Artigo 9º.-Servicio de transmisión.

1. O Ilgga é o servicio de transmisión encargado de realiza-las actividades administrativas de mediación entre o cedente e o cesionario.

2. Para estes efectos, o cedente subscribirá contrato de mandato, en modelo oficial, co director do Ilgga. No dito contrato de mandato, indicaranse os predios, dereitos de primas gandeiras, cotas, cantidades de referencia para a producción de leite, etc., que ten o cedente e para os que, non dispoñendo de cesionario, desexa ou precisa emprega-lo servicio de transmisión.

3. Os cedentes que decidan emprega-lo servicio de transmisión indicarán, na súa solicitude, ó Ilgga como cesionario.

4. Así mesmo, é competencia do servicio de transmisión avaliar e autorizar aquelas solicitudes nas que o destinatario das terras cedidas sexa un cesionario non agrario.

5. O dito instituto realizará os trámites necesarios para a formalización do contrato de mandato, ofertando, en nome do cedente, os predios obxecto da transmisión, mediante a publicación, con periodicidade trimestral, no Diario Oficial de Galicia, da relación de propietarios, predios, a súa superficie, concellos nos que se localizan e réxime no que se oferta a transmisión, así como os dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas. Así mesmo, a dita relación exporase nas oficinas de información da delegación provincial do instituto, quedando unha copia, para exame dos interesados, nas axencias do servicio de Extensión Agraria correspondentes ó municipio no que se localicen as explotacións.

Cando un cedente acollido ó contrato de mandato dispoña dun cesionario, agrario ou non agrario para as terras, e agrario para os dereitos, cotas, cantidades de referencia, etc., deberá realizar unha proposta para a súa aceptación ó servicio de transmisión, xuntando a documentación relativa a ese cesionario.

En ningún caso, o contrato de mandato poderá implica-la cesión a terceiros dos predios ou dereitos a que se refire o parágrafo anterior sen a confirmación do cedente.

6. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de acordo coas consignacións orzamentarias, poderá adquirir, por oferta voluntaria, os predios que lle foron ofrecidos polos cedentes en zonas de concentración parcelaria, co fin de podelos incluír en plans de obras ou melloras territoriais, conforme ó disposto no artigo 63 da Lei 10/1995, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 10º.-Contía das axudas.

1. Os cedente percibirán ata acada-la xubilación definitiva, e como máximo, ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade:

a) Unha indemnización anual, polo seguinte importe:

-972.734,152 pesetas (5.846,25 euros) se o titular ten cónxuxe ó seu cargo e sempre que o dito cónxuxe non reciba a axuda prevista no punto 4.

-832.087,730 pesetas (5.000,96 euros) se o titular non ten cónxuxe ó seu cargo.

-761.766,687 pesetas (4.578,31 euros) se o cónxuxe recibe a axuda prevista no punto 4.

Para os efectos previstos neste punto, entenderase que existe cónxuxe a cargo do beneficiario cando conviva con este e dependa economicamente del. Non existirá dependencia económica cando o cónxuxe exerza actividade remunerada, por conta propia ou allea, ou perciba pensión do sistema da Seguridade Social, prestación ou subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

b) Unha prima anual complementaria de 17.666,865 pesetas (106,18 euros) por hectárea tipo que transmita ou ceda da explotación, sen exceder de 499.158 pesetas (3.000 euros) por beneficiario. Se o cedente transmite en propiedade o 100 por cento da súa propiedade na explotación, percibirá un 20 por cento máis na prima anual por hectárea tipo.

2. Os cedentes percibirán, de se-lo caso, un complemento anual de xubilación desde o día en que, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, se xubilen definitivamente ata que cumpran os setenta anos de idade.

O período total de axudas por cesamento anticipado e complemento anual de xubilación non poderá exceder de quince anos.

O complemento anual de xubilación será o resultado de suma-la indemnización anual e a prima anual por hectáreas tipo, referidas no punto 1, descontando da cantidade resultante a contía da súa xubilación definitiva e as cotas á Seguridade Social do beneficiario, correspondentes ós últimos doce meses.

3. De haber varios titulares da explotación que cumpran as condicións do artigo 4º, os importes de indemnización e prima complementaria previstos no punto 1 anterior, e o de complemento anual de xubilación, previsto no punto 2 anterior, repartiranse entre eles proporcionalmente á súa coparticipación na explotación.

4. Os traballadores percibirán unha indemnización anual cun importe de 574.357,817 pesetas (3.451,96 euros). Esta axuda poderán percibila ata acada-la xubilación definitiva e, como máximo, ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade. Só se concederá indemnización a un traballador por explotación, tendo preferencia os traballadores por conta allea sobre os familiares e, dentro deles, se houbera máis dun, o máis antigo e en caso de igualdade, o de maior idade.

Artigo 11º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para acceder a estas axudas presentaranse, debidamente asinadas, nas axencias comarcais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou nos servicios provinciais do Ilgga. Así mesmo, poderán presentarse nos demais lugares e formas previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación rematará, para o presente exercicio, o 31 de maio de 2001.

3. As solicitudes formalizaranse nos impresos oficiais que se inclúen como anexo 1 da presente orde e que a continuación se indican:

a) Impreso «Solicitude», de datos do solicitante titular de explotación agraria e dos datos da súa explotación, que incluirá, como mínimo:

-A identificación do solicitante, o seu domicilio, data de nacemento, estado civil, con indicación, de se-lo caso, da existencia de cónxuxe a cargo ou cesante como familiar, indicación do número de identificación fiscal, réxime e número de afiliación á Seguridade Social e, se procede, da clase e importe da pensión percibida.

-Pertenza e réxime de tenza das terras que forman a superficie agrícola e efectivos gandeiros existentes na súa explotación, con indicación do destino previsto para as terras e o gando.

-A declaración de ter exercido a agricultura nos dez anos anteriores ó cesamento, de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade indi

cadas no artigo 19º, de ter indicado a totalidade da superficie da súa explotación e de que non diminuíu esta, na súa superficie, en máis dun 20 por 100 nos dous anos anteriores á solicitude, agás a excepción prevista no terceiro guión do artigo 7º.1, e de que tódolos datos indicados na solicitude son certos.

-O compromiso de cesar definitivamente na actividade agraria e de transmiti-la súa explotación, conforme o establecido no artigo 8º.

-A autorización ó Ilgga para comprobar e solicitar, incluso ante as administracións públicas competentes, cantos documentos e informes sexan precisos para a verificación e control dos datos achegados no expediente.

b) Impreso anexo 1, de relación de predios agrícolas da explotación do cedente, que incluirá, como mínimo, os seguintes datos:

-A identificación catastral dos predios.

-A superficie agrícola e catastral.

-A indicación do aproveitamento actual, réxime de tenza e destino previsto de reserva, forma de transmisión ou resolución de contratos.

-Así mesmo, neste documento indicaranse as cotas, cantidades de referencia, dereitos de producción e outras concesións afectas á explotación e o seu destino.

c) Impreso anexo 2A, de datos do cesionario, da súa explotación e da explotación resultante, que incluirá, como mínimo, os seguintes:

-A identificación do cesionario, o seu domicilio, estado civil, data de nacemento ou de constitución e número de socios no caso de persoas xurídicas, indicación do número ou código de identificación fiscal e do réxime e número de afiliación á Seguridade Social.

-A superficie agrícola e efectivos gandeiros actuais e previstos.

-A declaración de conformidade para ser cesionario, segundo o establecido no artigo 5º da presente orde.

-A declaración de autenticidade dos datos.

-No caso de cesionarios agrarios, o compromiso de exerce-la agricultura a título principal nos cinco anos posteriores ó cesamento e de acadar, nese prazo, os requisitos de dimensión económica e rendas indicados artigo 7º.2.

-O compromiso de non transmiti-la propiedade nin ceder en arrendamento, parcería ou figuras análogas, durante o prazo de cinco anos, as terras adquiridas ó titular da explotación que cesa na súa actividade agraria.

-O compromiso de, de se-lo caso, subrogarse nos dereitos e obrigas derivadas dos plans de melloras realizados polo cedente.

-O compromiso para, de se-lo caso, executa-las melloras que permitan un aumento na dimensión económica da explotación que reciba do cedente, en polo menos, 12 hectáreas tipo.

-O compromiso de utiliza-las terras recibidas en condicións compatibles coa preservación e mellora do ambiente e do espacio rural.

No caso en que exista máis dun cesionario, deberá presentarse un impreso anexo 2A para cada un deles.

d) Impreso anexo 2B, de relación de predios da explotación do cesionario, que incluirá, como mínimo:

-A identificación catastral dos predios,

-A superficie agrícola e catastral,

-O aproveitamento actual e o réxime de tenza.

-Así mesmo, neste documento indicaranse as cotas, cantidades de referencia, dereitos de producción e outras concesións actuais e previstas afectas á explotación.

-No caso de que exista máis dun cesionario, deberá presentarse un impreso anexo 2B para cada un.

e) Impreso anexo 3, de datos do traballador ou familiar solicitante, que incluirá, como mínimo:

-A identificación do solicitante, o seu domicilio, data de nacemento, estado civil, a indicación do número de identificación fiscal, réxime e número de afiliación á Seguridade Social e, de se-lo caso, da clase e importe da pensión percibida.

-A declaración do solicitante da súa condición de traballador por conta allea da explotación do cedente ou de membro da súa familia.

-A declaración de ter dedicado á actividade agraria, polo menos, a metade do seu tempo de traballo, durante os cinco anos anteriores ó cesamento, de ter traballado na explotación do cedente, como mínimo, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo, a tempo completo, durante os cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do titular, de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade indicadas no artigo 19º da presente orde e de que os datos indicados na solicitude son certos.

-O compromiso de cesar definitivamente na actividade agraria.

-A autorización ó Ilgga para comprobar e solicitar, ante as administracións públicas competentes, cantos documentos e informes sexan precisos para a verificación e control dos datos achegados no expediente.

f) Impreso anexo 4, de resolución de contratos e de compromiso de cesión, que incluirá, como mínimo:

-O compromiso entre o propietario e o cedente para rescindi-los contratos relativos ós predios que, non sendo de propiedade do cedente, forman parte da súa explotación mediante arrendamento, parcería ou fórmulas análogas.

-A relación dos predios indicados no impreso anexo 1 e da súa superficie total, que son obxecto da rescisión de contrato entre o cedente e o seu propietario.

-De se-lo caso, o compromiso do propietario de predios agrícolas para formalizar un contrato de arrendamento deses predios co cesionario en condicións compatibles cos requirimentos contidos na presente orde.

-No caso anterior, a relación dos predios e da súa superficie total indicados nos impresos anexo 1 ou anexo 2B, que serán obxecto de formalización de contrato de arrendamento entre o propietario e o cesionario.

Non obstante o indicado anteriormente, naqueles municipios, ou parte deles, onde se procedese á concentración parcelaria ou á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun novo catastro, poderase admiti-la identificación dos predios mediante as referencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos mentres non se dispoña dos novos datos de catastro.

Artigo 12º.-Acreditación dos requisitos relativos ás persoas e explotacións.

O cumprimento dos requisitos dos cedentes, cesionarios e, se procede, dos traballadores, así como das respectivas explotacións, demostrarase mediante a presentación dos documentos indicados no anexo 2 da presente orde.

Artigo 13º.-Outras condicións de cedentes, cesionarios e explotacións.

1. Para poder ser beneficiarios das axudas consideradas na presente orde será preciso que os solicitantes teñan cumprida, ou cumpran, a idade mínima establecida no ano da convocatoria, o 2001 para a presente.

2. A aprobación das axudas solicitadas polos traballadores requirirá, á súa vez, da aprobación das axudas solicitadas polos correspondentes cedentes.

3. Tralo cesamento da actividade agraria na explotación, en ningún caso poderá o cedente pasar a ser cotitular coa persoa física ou socio da persoa xurídica titular da explotación resultante.

4. Se o cesionario, agricultor mozo ou traballador que se instala, pretende incrementa-la base territorial da explotación que recibe do cedente, deberá achegar, coa solicitude, un compromiso de arrendo ou compravenda asinado polo posible arrendador ou vendedor e o propio cesionario, no que conste a identificación catastral e a superficie dos predios que se van arrendar ou comprar. Para estes efectos, pódese emprega-lo impreso indicado no artigo 11º.f).

5. Aquelas solicitudes nas que que o cesionario, xa titular de explotación, desexe utiliza-las cortes ou instalacións do cedente, quedan sometidas á avaliación técnica e de viabilidade que, por parte do servicio provincial do Ilgga se faga da memoria explicativa e esbozo ou plano de localización que, nestes casos, teñen que presentarse xunto coa solicitude.

6. Agás no caso de incorporación dun agricultor mozo ou dun traballador na explotación do solicitante, cando o dito solicitante desfrutara de axudas

públicas para mellora de explotación, para ser beneficiario das axudas consideradas nesta orde deberá, previamente, comprometerse a cancelar tódolos compromisos pendentes e, de se-lo caso, ó reintegro total ou parcial da axuda. Queda exceptuada desta obriga a parte correspondente a aqueles bens que sexan transferidos ó cesionario.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

1. Cada solicitude, coa documentación complementaria, constituirá un expediente, que será revisado polo correspondente servicio provincial do Ilgga mediante a comprobación daquela solicitude e da documentación anexa. Esta revisión incluirá a realización de controis informáticos e a avaliación da dimensión económica das explotacións do cedente e do cesionario. Así mesmo, avaliarase a viabilidade da mellora da explotación resultante nos cinco anos seguintes, coa determinación de se a dimensión da dita explotación resultante lle permitirá, ó cesionario, acadar unha renda por U.T.A. igual ou superior a 1.096.531,992 pesetas (6.590,29 euros).

2. Finalizados os controis, os xefes provinciais do Ilgga realizarán as propostas de resolución que, co visto e prace dos delegados provinciais, serán elevadas perante o director do Ilgga, para que dicte a correspondente resolución.

3. Para a presente convocatoria, o prazo para dictar resolución rematará o 31 de outubro de 2001. Consideraranse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes non resoltas e notificadas nese prazo.

4. As resolucións dictadas ó abeiro da presente orde poderán ser modificadas segundo o indicado no artigo 12º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 15º.-Criterios de prioridade.

Dado o carácter de concorrencia competitiva da presente convocatoria, no caso de que o importe das axudas correspondentes ás solicitudes recibidas supere a dotación orzamentaria dispoñible, as resolucións estimatorias dictaranse consonte a seguinte orde de prelación:

1. En primeiro lugar, os expedientes nos que os cedentes, previamente, solicitasen o abandono da producción leiteira ó abeiro do Real decreto 1486/1998, do 10 de xullo.

2. En segundo lugar, as solicitudes correspondentes a cedentes que, acreditando a condición de agricultor a título principal durante, polo menos, os cinco anos anteriores á solicitude, sexan titulares de explotacións situadas en municipios cualificados como desfavorecidos de montaña.

3. Os titulares de explotacións nas que máis do 50 % da marxe bruta total proveña das vacas nutrices e do cebo de becerros.

4. En cuarto lugar, as solicitudes non incluídas nos tres criterios anteriores, nas que o cedente,

durante as dúas últimas campañas, non sufrira reducción da cantidade de referencia para a producción de leite, nin dos dereitos de primas gandeiras.

5. No caso de igualdade, dentro de cada criterio, terán preferencia os expedientes correspondentes a cedentes con maior idade.

Artigo 16º.-Transmisión da explotación. Xustificación. Prazos.

1. Se a resolución fose favorable, para poder acceder ás axudas previstas no artigo 10º, o cedente deberá facer efectiva a transmisión da base territorial, así como de tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas á súa explotación, segundo se indica no artigo 8º.

-O prazo para xustifica-lo cumprimento dos compromisos será de dous meses contados a partir da recepción da notificación da resolución. En calquera caso, se por causa xustificada o solicitante non puidera cumpri-los ditos compromisos, deberá solicitar prórroga, especificando os motivos e o novo prazo, que debe ser aprobada pola Subdirección Xeral do Ilgga. O incumprimento dos anteditos prazos de cumprimento de compromisos poderá levar aparellada a perda dos dereitos á axuda prevista na presente orde.

-A explotación, ou a parte que sexa propiedade do cedente, deberá transmitirse, coa excepción das superficies que se conserven en virtude do segundo parágrafo do artigo 8º.1, en propiedade, ou cederse en arrendamento por un prazo non inferior a cinco anos e sempre superior ó período de tempo transcorrido entre a data do cesamento e o momento no que o cedente cumpra sesenta e cinco anos. A transmisión da propiedade formalizarase en escritura pública. No caso de arrendamento formalizarase tamén mediante escritura pública ou contrato privado inscrito no Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos de Galicia.

2. Esta transmisión acreditarase da seguinte forma:

a) A transmisión da base territorial, pola presentación de copias compulsadas das escrituras públicas, ou dos contratos privados xunto coas inscricións rexistrais, así como dos xustificantes do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

b) A transmisión do gando, agás nos casos de incorporación de mozos ou traballadores na mesma explotación, pola presentación da copia compulsada do libro de explotación, no que consten, debidamente dilixenciadas, as baixas, no caso de gando vacún e ovino ou cabrún, ou mediante certificación de veterinario oficial, ou factura de venda para outras especies.

c) A transferencia dos dereitos, cotas, cantidades de referencia para a producción de leite e demais concesións administrativas, afectas tanto á parte

agrícola como gandeira, da explotación do cedente á do cesionario, formalizaranse no impreso oficial para o efecto facilitado polo Ilgga, do que se achegará copia.

d) Nos casos de cesionarios agricultores mozos ou de traballadores que se instalen na explotación do cedente, acreditarase esta instalación mediante a copia da solicitude oficial de cambio de titularidade presentada ante o órgano competente do Ilgga acompañada da correspondente alta fiscal e no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

e) A acreditación do incremento mínimo en 12 hectáreas tipo por parte dos agricultores mozos ou dos traballadores instalados con motivo do cesamento, farase pola xustificación da realización dos investimentos e melloras previstos nel, comprobada polo servicio provincial do Ilgga.

f) Cando os agricultores mozos ou traballadores que se instalan, incrementen a superficie agrícola da explotación que reciben, deberán achega-las copias compulsadas dos correspondentes títulos ou contratos de arrendamento ou compravenda asinados polo arrendador ou vendedor e o propio cesionario, nos que conste a identificación catastral dos predios.

g) No caso de cedentes que desexen ou precisen empregar, exclusiva ou parcialmente, o servicio de transmisión, o compromiso acreditarase mediante o outorgamento do correspondente contrato de mandato.

Artigo 17º.-Certificación e pagamento das axudas.

1. Unha vez acreditado o cumprimento dos compromisos, os servicios provinciais do Ilgga expediran, ós beneficiarios, unha certificación na que constarán os importes das axudas e os períodos nos que lles corresponde a súa percepción. En ningún caso a data de inicio da percepción poderá ser anterior á data prevista de inicio indicada na resolución.

2. O importe anual das axudas aboarase na conta bancaria indicada polo beneficiario mediante dous ingresos simultáneos, un polo importe correspondente ó 75 por 100 de cofinanciamento do Feoga Garantía e outro polo importe do 25 por 100 de cofinanciamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

3. Os pagamentos poderán efectuarse trimestralmente, coincidindo cos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro. Non obstante, nos meses de novembro e decembro poderá facerse o primeiro pagamento dos expedientes que, estando certificados, non puideran ser incluídos na nómina do mes de outubro.

Artigo 18º.-Situación dos beneficiarios respecto da Seguridade Social.

1. Durante o período de percepción das axudas reguladas na presente orde, os beneficiarios quedarán en situación asimilada á de alta, coa obriga de cotizar no correspondente réxime do sistema da

Seguridade Social. Para tal efecto, no importe dos pagamentos das axudas incluirase o importe correspondente ás cotas de cotización, debendo se-los propios beneficiarios os que fagan o pagamento das ditas cotas de cotización á Seguridade Social.

2. Para facilita-lo cumprimento do indicado no punto anterior, unha vez certificado polos servicios provinciais do Ilgga o cumprimento dos compromisos de cesamento polos beneficiarios, o Servicio de Axudas Estructurais comunicaralle á Tesourería da Seguridade Social o dito cumprimento mediante o envío dunha relación de cesantes certificada polo director do Ilgga.

3. O Ilgga poderá solicitar dos beneficiarios a acreditación do cumprimento do indicado nos puntos anteriores, así como realizar cantas xestións sexan precisas para a súa comprobación.

4. Os solicitantes ou beneficiarios deberán comunicar, coa maior brevidade, toda variación que no referente á súa situación respecto da Seguridade Social se produza. Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito debe ser comunicado polos seus herdeiros, coa maior brevidade posible, xuntando a correspondente certificación de defunción.

Artigo 19º.-Réxime de incompatibilidades.

1. A percepción das axudas establecidas nesta orde será incompatible:

-Coa condición de pensionista por xubilación en calquera réxime da Seguridade Social ou sistema de pensións financiado total ou parcialmente con recursos públicos.

-Coa condición de pensionista por invalidez permanente, financiado total ou parcialmente con recursos públicos.

2. Se o beneficiario das axudas viñera percibindo prestacións por maternidade, incapacidade temporal, incapacidade en réximes compatibles, ou outras prestacións de carácter periódico da Seguridade Social, só se lle aboarán as axudas por cesamento anticipado na actividade agraria pola diferencia entre o seu importe e o das anteditas prestacións.

3. Non obstante, serán compatibles coa percepción das axudas as prestacións periódicas da Seguridade Social por fillo a cargo e por pensión de viuvez.

4. A actividade agraria, realizada polo cedente sen fins comerciais, non será subvencionable en virtude da política agrícola común.

Artigo 20º.-Controis. Sancións. Casos de forza maior. Reembolsos.

1. Controis.

a) A solicitude, e se é o caso, a aprobación das axudas consideradas na presente orde implica a autorización dos solicitantes, a favor do Ilgga, así como dos órganos responsables das distintas administracións públicas competentes, incluso da Unión Euro

pea, para realizar cantas comprobacións e solicitar cantos documentos e informes sexan precisos para a acreditación do cumprimento dos requisitos e compromisos indicados no expediente, así como para realizar cantas inspeccións e controis sobre o terreo sexan precisas.

b) Para tal efecto poderán establecerse coa Administración do Estado e os órganos ou organismos competentes da Administración autonómica os mecanismos apropiados de coordinación.

c) O Ilgga realizará un control administrativo sobre a totalidade das solicitudes presentadas ó abeiro da presente orde e, así mesmo, establecerá un plan anual de controis sobre o terreo, destinado a verifica-la adecuación das axudas aprobadas, que afectará a un mínimo do 5 por cen dos beneficiarios con pagamentos en cada exercicio, de acordo co establecido no artigo 47 do Regulamento (CE) 1750/1999, da Comisión, do 23 de xullo.

2. Sancións.

2.1. Se se demostra que unha declaración falsa foi o resultado dunha neglixencia grave, o beneficiario de que se trate será excluído de todo tipo de medidas de desenvovemento rural incluídas no capítulo correspondente do Regulamento (CE) nº 1257/1999 para o ano natural de que se trate. No caso dunha declaración falsa realizada intencionadamente, o beneficiario será temén excluído durante o ano seguinte. Esta sanción aplicarase sen prexuízo doutras sancións adicionais segundo o establecido no seguinte punto.

2.2. De acordo co establecido no artigo 48.2º do Regulamento (CE) 1750/99, da Comisión, do 23 de xullo, cando ós solicitantes ou beneficiarios se lles comproben incumprimentos dos requisitos ou compromisos contidos na presente orde, aplicaránselle-las correspondentes sancións, logo da instrucción do oportuno expediente, de acordo co disposto nos artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e o artigo 33 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, sen perxuízo do establecido para estes efectos na restante normativa aplicable.

3. Casos de forza maior.

Sen prexuízo doutras circunstancias concretas admisibles en dereito, cando resulte procedente, poderanse admitir como casos de forza maior os seguintes supostos:

a) Falecemento do cedente, do cesionario ou do traballador.

b) Unha longa incapacidade profesional do cedente, do cesionario ou do traballador.

c) A expropiación dunha parte importante da superficie agraria da explotación, sempre que tal circunstancia non fora previsible no momento da solicitude.

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agraria dalgunha das explotacións.

e) Unha epizootia que afecte a todo ou a parte do gando.

f) A destrucción accidental dos edificios dalgunha das explotacións destinados á gandería.

g) A perda do dominio sobre a totalidade ou parte dalgunha das explotacións, debida a sentencia xudicial en procedemento de separación matrimonial ou por divorcio, cando non fora previsible no momento da solicitude.

4. Reembolsos.

No caso de pagamentos indebidos, o beneficiario quedará obrigado a reembolsa-lo importe indebidamente percibido. Cando o beneficiario, transcorrido o prazo para a devolución en período voluntario do importe indebidamente percibido, non tivera realizado o dito reembolso, este será incrementado nun xuro calculado en función do xuro legal do diñeiro e do prazo transcorrido entre o pagamento e o reembolso efectuado polo beneficiario.

Artigo 21º.-Recursos administrativos.

As resolucións que, en aplicación da presente orde, dicte o director do Ilgga, non esgotan a vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso de alzada ante o presidente do dito instituto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Disposición adicional

O financiamento das axudas consideradas na presente orde farase con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.614A.773.0, do orzamento de gastos do Ilgga, que está dotada para o ano 2001 con 2.700 millóns de pesetas, das que 380.649.221 pesetas corresponderán a novas solicitudes. Este financiamento poderá ser incrementado con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO II

1) Documentación que deben presenta-los cedentes:

-Fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Partida ou certificación de nacemento.

-Certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que cotizase a esta.

c) Da situación laboral en relación a calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrase ó día no pagamento das cotizacións.

-Certificación expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social, na que conste:

a) A condición de perceptor ou non perceptor de pensión de incapacidade, xubilación ou invalidez no réxime especial agrario, ou no réxime especial de traballadores autónomos, ou outra prestación pública a cargo do sistema da Seguridade Social.

b) No caso de que sexa perceptor, indicación da clase de pensión, data de resolución, importe anual, data de inicio e, de se-lo caso, data de remate da percepción.

-Unha certificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda, ou por algunha das súas delegacións, acreditativa de non ter débedas coa Xunta de Galicia.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria acreditativa de non ter débedas coa Administración do Estado.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que vencese o prazo para a presentación en período voluntario.

-O cedente deberá demostra-la condición de agricultor durante os dez anos anteriores ó cesamento dalgún dos seguintes modos:

a) Mediante o informe de vida laboral, declaracións ou certificacións de rendas, documentación de saneamento gandeiro da súa explotación ou, no seu defecto, certificación da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal na que así se indique para as distintas campañas, ou ben pola presentación de documentación demostrativa de que foi beneficiario de axudas para a mellora de explotación ou, de se-lo caso, certificación emitida polo Ilgga, na que se faga consta-lo tipo de axuda, condicións, e as datas de concesión e de certificación.

b) No caso de cedentes agricultores colaboradores dun titular de explotación, deberá acreditarse a vinculación de colaboración entre ambos e a explotación, achegando unha certificación de empadroamento, libro de familia ou certificación de convivencia, ou calquera outro documento admisible en dereito que demostre a vinculación entre ambos e a explotación durante o período requirido.

-Un certificado de titularidade de conta expedido pola entidade financeira correspondente, con indicación do código de conta-cliente, na que solicitan que se lles ingrese o importe da indemnización.

-Certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativa da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos, outros documentos xustificativos admisibles en dereito, ou certificación do Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos de Galicia.

-Copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para gando vacún e ovino o cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando o Ilgga dispoña da dita información.

-No caso de que a explotación do cedente estea formada, total ou parcialmente, por predios levados en arrendamento, parcería e/ou fórmulas análogas, deberá achega-la xustificación da rescisión dos contratos cos propietarios, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

2) Documentación que deben presenta-los traballadores/as:

-Fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Partida ou certificación de nacemento.

-Certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que cotizase a esta.

c) Da situación laboral en relación a calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrase ó día no pagamento das cotizacións.

-Certificación expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social, na que conste:

a) A condición de perceptor ou non perceptor de pensión de incapacidade, xubilación, ou invalidez no réxime especial agrario, ou no réxime especial de traballadores autónomos, ou outra prestación pública a cargo do Sistema da Seguridade Social.

b) No caso de que sexa perceptor, indicación da clase de pensión, data de resolución, importe anual, data de inicio e, de se-lo caso, data de remate da percepción.

-Unha certificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda, ou por algunha das súas delegacións, acreditativa de non ter débedas coa Xunta de Galicia.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria acreditativa de non ter débedas coa Administración do Estado.

-Un certificado de titularidade de conta expedido pola entidade financeira correspondente, con indicación do código de conta-cliente, na que solicitan se lles ingrese o importe da indemnización.

-Os traballadores cesantes deberán acreditar que traballaron a xornada completa na explotación do titular cedente e que realizaron o dito traballo, polo menos, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo a tempo completo dentro dos cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do titular. Esta acreditación consistirá, con carácter xeral, na presentación do informe de vida laboral antes indicado. No caso de familiares cesantes, cando deste modo non quede suficientemente acreditado este requisito, poderá demostrarse con outros documentos admisibles en dereito.

3) Documentación que deben presenta-los cesionarios/as:

3.1. Cesionarios/as persoas físicas

-A fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Unha certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración dela, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que cotizase a esta.

c) Da situación laboral en relación con calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrarse ó día no pagamento das cotizacións.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que vencese o prazo para a presentación en período voluntario.

-Unha certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos, certificación do Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos de Galicia, ou outros documentos xustificativos admisibles en dereito.

-A copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para gando vacún e ovino ou cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando o Ilgga dispoña da dita información.

-O compromiso dos propietarios de terras da explotación do cedente que, trala rescisión de contratos con este acepten o compromiso para facer unha nova transmisión a favor do cesionario, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

-No caso de cesionarios agricultores mozos ou traballadores que se instalan, deberán presentar, xunto coa solicitude, un plan de melloras que xustifique un aumento na dimensión económica da explotación que reciba do cedente en, polo menos, doce hectáreas tipo. Este plan de mellora poderá ser obxecto de axuda no marco das establecidas para a mellora da eficacia das estructuras agrarias.

-Nos casos considerados no punto 5º do artigo 13 deberase presentar unha memoria explicativa do

aproveitamento das terras ou cortes cedidos na que conste, polo menos, o tipo de cultivo ou rotación, tipo de gando e número de efectivos, a periodicidade e natureza das labores que se van realizar, tipo de aproveitamento e un bosquexo ou plano de localización a unha escala adecuada, con indicación da localización das respectivas explotacións e das rutas de conexión.

3.2. Cesionarios persoas xurídicas:

Cando o cesionario sexa unha persoa xurídica, para o efecto de identificación dela e das súas condicións, deberá achegar, xunto coa solicitude:

-A fotocopia compulsada da tarxeta do CIF.

-A copia da acta de constitución, copia dos estatutos sociais e copia do documento acreditativo ou certificado da inscrición rexistral da entidade.

-A relación actualizada de socios, con indicación do DNI e do número e réxime de cotización á Seguridade Social.

-A copia da declaración do imposto de sociedades correspondente ó último exercicio para o que vencese o prazo para a declaración en período voluntario ou, de se-lo caso, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente ó dito exercicio.

-Unha certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade das parcelas que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos, certificación do Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos de Galicia ou outros documentos xustificativos admisibles en dereito.

-A copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para gando vacún e ovino ou cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando o Ilgga dispoña da dita información.

-O compromiso dos propietarios de terras da explotación do cedente que, trala rescisión de contratos con este acepten o compromiso para facer unha nova transmisión a favor do cesionario, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

-Nos casos considerados no punto 5º do artigo 13 deberase presentar unha memoria explicativa do aproveitamento das terras ou cortes cedidas na que conste, polo menos, o tipo de cultivo ou rotación, tipo de gando e número de efectivos, a periodicidade e natureza dos labores que se van realizar, tipo de aproveitamento e un bosquexo ou plano de localización a unha escala adecuada, con indicación da localización das respectivas explotacións e das rutas de conexión.

3.3. Cesionarios non agrarios:

a) Persoas físicas:

-A fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Unha certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que cotizase a esta.

b) De encontrarse ó día no pagamento das cotizacións.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que vencese o prazo para a presentación en período voluntario.

b) Persoas xurídicas:

-A copia da tarxeta CIF.

-A copia da acta de constitución, copia dos estatutos sociais e copia do documento acreditativo ou certificado da inscrición rexistral da entidade.

-A relación actualizada de socios, con indicación do DNI e do número e réxime de afiliación á Seguridade Social.

-A copia da declaración do imposto de sociedades correspondente ó último exercicio para o que vencese o prazo para a declaración en período voluntario ou, de se-lo caso, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente ó dito exercicio.

c) En tódolos casos:

Para acredita-la viabilidade técnico-económica da actividade que se vai realizar sobre as terras cedidas, así como a súa legalidade e adecuación ós criterios de preservación do medio ambiente e do espacio rural, os cesionarios non agrarios deberán achegar, ademais das licencias de actividade ou explotación preceptivas, unha memoria técnico-económica descritiva:

-Do destino das terras cedidas con indicación da actividade e do medio físico.

-Dos obxectivos, medios tecnolóxicos e humanos que se van empregar e, de se-lo caso, a descrición dos ciclos de producción,

-Da natureza e cantidades dos productos que se van obter, das materias primas que se empregarán e dos residuos que se van xerar coa descrición do método de eliminación ou do destino previsto para estes.

-Dunha valoración dos custos de implantación, xestión e dos rendementos esperados.

Cando así o estableza a normativa en vigor ou, cando pola importancia ou tipo de actividade que se vaia realizar sobre as terras cedidas, o servicio de transmisión o estime preciso, deberá presentarse un proxecto técnico, estudio económico, estudio de incidencia ou impacto ambiental, ademais das correspondentes licencias.