Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 74/2001, do 22 de marzo, polo que se modifica o Decreto 149/2000, do 7 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística.

O Decreto 149/2000, do 7 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) (DOG nº 119, do 20 de xuño), tiña como finalidade a adecuación ós custos reais dos productos e servicios ofrecidos polo IGE.

Á vista da natureza dinámica das publicacións, da adecuación dos prezos ós custos totais e da conseguinte difusión dos resultados estatísticos, función que o IGE ten encomendada ó abeiro da Lei 9/1988, do 19 de xullo, modificada pola Lei 7/1993, do 24 de maio, faise necesario modifica-lo decreto para adecua-las tarifas nel reguladas.

Na súa virtude e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Engádeselle un parágrafo segundo ó artigo 3 do Decreto 149/2000, do 7 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística, que queda redactado nos seguintes termos:

Os prezos de venda das publicacións editadas polo IGE, no ano 2001, serán os seguintes:

-Galicia en cifras: 3.000 pesetas, 18,03 euros.

-Estatística de pensións e outras prestacións: 800 pesetas, 4,81 euros.

-TARIC- Nomenclatura do Arancel: 600 pesetas, 3,61 euros.

-Atlas electoral de Galicia: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Censo de locais: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Movementos migratorios: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Indicadores municipais e comarcais: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Enquisa da poboación activa en Galicia: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Boletín trimestral de indicadores de conxuntura: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Enquisa de bovino: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Censo de explotacións gandeiras galegas: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Enquisa de condicións de vida das familias: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Contas económicas do sector industrial: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Estatística de edificación e vivenda: 800 pesetas, 4,81 euros.

-Recadación por tributos. Galicia: 600 pesetas, 3,61 euros.

-Censo agrario: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Enquisa sobre a estructura das explotacións agrarias: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Contas económicas de Galicia: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Documentación técnica de operacións estatísticas: 1.500 pesetas, 9,02 euros.

-Movemento natural de poboación: 1.500 pesetas, 9,02 euros

-Mercado de traballo en Galicia: 1.500 pesetas, 9,02 euros

-Comercio exterior de Galicia: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Estructura da poboación: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

-Contas económicas e táboa input-output de Galicia: 2.500 pesetas, 15,03 euros.

-Estatísticas do sector turístico: 1.100 pesetas, 6,61 euros.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda