Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de marzo de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), polo que se solicita a ampliación de 6 unidades de educación primaria, 2 unidades de educación secundaria obrigatoria e 2 unidades de bacharelato da modalidade de artes, así como o cambio da modalidade de tecnoloxía (autorizada por Orde do 5-4-1995, DOG do 21 de xuño) pola de humanidades e ciencias sociais.

Considerando que o dito centro conta coa autorización definitiva segundo Orde do 5 de abril de 1995 (DOG do 21 de xuño) para 4 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria, 6 unidades de educación secundaria obri

gatoria e 4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e tecnoloxía.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la ampliación de 6 unidades de educación primaria, 2 unidades de educación secundaria obrigatoria e 2 unidades de bacharelato da modalidade de artes, así como o cambio da modalidade de tecnoloxía pola de humanidades e ciencias sociais ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concellos: Mos.

Localidade: Pereiras.

Enderezo: San Pedro de Cela.

Código do centro: 36019921.

Denominación: Los Sauces.

Titular: Pradoc, S.A.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e artes.