Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 3.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de marzo de 2001 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Madre Trinidad.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Madre Trinidad, con domicilio en Ourense.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ourense, o día 6 de novembro de 2000, ante o notario Antonio Pol González, co número tres mil seiscentos sesenta e tres do seu protocolo, por Luis Pérez de Juan Romero, que intervén no seu propio nome e, ademais, en representación, como mandatario verbal, de Begoña Naberán Goitisolo, Pilar Burgos González e Antonio Conde Nieto; esta escritura foi emendada por outra posterior do trece de febreiro de dous mil un, outorgada en Ourense o trece de febreiro de dous mil un, ante o notario Fernando Martínez-Gil Fluxá, co número de protocolo trinta e oito.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción, asistencia, atención e formación da infancia e xuventude, participando de forma activa na promoción e desenvolvemento de actividades de carácter educacional e cultural, que redunden en beneficio dos membros máis novos da sociedade. Para iso, impulsará a creación, construcción, equipamento e desenvolvemento dos instrumentos materiais e persoais para realizar estas actividades.

4. O padroado da fundación estará composto por Begoña Naberán Goitisolo como presidenta, Luis Pérez de Juan Romero como secretario, e Pilar Burgos González, Antonio Conde Nieto como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Madre Trinidad, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de intese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regu

lamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil un.

Vista a Consituitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social a Fundación Madre Trinidad adscribíndoa á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, vintetrés de decembro de dous mil un.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública