Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 3.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000294/2001 interposto por Margarita Dolores Pereiro González.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000294/2001, interposto por Margarita Dolores Pereiro González contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de decembro de 2000, desestimatoria do recurso de reposición contra a resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, do 19 de outubro de 2000, pola que se resolvían as solicitudes de bolsas para técnicos especialistas de FP-2 presentadas ó abeiro do anexo III.B da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000), da que a recorrente quedou excluída.

Esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte

ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública