Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 3.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de marzo de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo único crea a Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 351/1997, do 10 de decembro, no artigo 12 fixa a estructura orgánica superior desta nova consellería, posteriormente desenvolvida polo Decreto 482/1997, do 30 de decembro, e modificada polo Decreto 122/1999, do 23 de abril, e polo Decreto 64/2001, do 29 de marzo.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 27 de decembro, ordenouse a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia de 23 de decembro de 1999, polo que se aprobou a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

No ámbito dos acordos sobre medidas para o crecemento do emprego en Galicia, acadouse un acordo adicional para incrementa-la consolidación de emprego estructural na Consellería de Medio Ambiente, que supón a incorporación de novos postos de traballo que deben ser reflectidos na súa relación de postos de traballo.

Por outra banda, tamén é preciso proceder á adaptación dos postos de traballo ás modificacións operadas na estructura orgánica e ás demandas da organización.

Todo isto fai necesario elaborar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de marzo de dous mil un, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan neste acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

MA.C01.00.000.15770.001

MA.C02.00.000.15770.001

MA.C03.00.000.15770.001

MA.C04.00.000.15770.001

MA.C05.00.000.15770.001

MA.C99.10.000.15001.001

MA.C99.10.000.27001.001

MA.C99.10.000.32001.001

MA.C99.10.000.36001.001

Secretario/a conselleiro

Secretario/a do secretario xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

MA.C02.00.001.15770.007

MA.C02.00.002.15770.017

MA.C99.10.000.15001.084

MA.C99.10.000.27001.085

MA.C99.10.000.32001.073

MA.C99.10.000.36001.084

Xefe de sección de Habilitación de Persoal

Xefe de sección Habilitación

Xefe sección Habilitación

Xefe sección Habilitación

Xefe sección Habilitación

Xefe sección Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos

MA.C99.10.301.15001.002

MA.C99.10.301.32001.002

MA.C99.10.301.36001.002

MA.C99.10.301.27001.002

Director Espacios Naturais (A Coruña)

Director Espacios Naturais (Ourense)

Director Espacios Naturais (Pontevedra)

Director Espacios Naturais (Lugo)

Postos de especial responsabilidade para os que se require contar con funcionarios con alto grao de especialización, para efectos da necesidade de mante-lo equilibrio entre a conservación dos espacios naturais e o seu desenvolvemento socioeconómico.

MA.C99.20.010.15350.001

MA.C99.20.020.15090.001

MA.C99.20.030.15580.001

MA.C99.20.040.15560.001

MA.C99.20.050.15910.001

MA.C99.20.060.27650.001

MA.C99.20.070.27060.001

MA.C99.20.080.27300.001

MA.C99.20.090.27001.001

MA.C99.20.100.27640.001

MA.C99.20.110.32190.001

Xefe distrito (Ferrol)

Xefe distrito (Bergantiños-Mariñas Coruñesas)

Xefe distrito (Santiago-Meseta Inferior)

Xefe distrito (A Barbanza)

Xefe distrito (Fisterra)

Xefe distrito (A Mariña Luguesa)

Xefe distrito (A Fonsagrada-Os Ancares)

Xefe distrito (Terra de Lemos)

Xefe distrito (Lugo-Sarria)

Xefe distrito (A Terra Chá)

Xefe distrito (O Ribeiro-Arenteiro)

Postos de especial responsabilidade derivada das funcións de comunicación directa co sector forestal do respectivo distrito e das funcións directivas de planificación, control e coordinación de recursos.
MA.C99.20.120.32001.001Xefe distrito (Miño-A Arnoia)
MA.C99.20.130.32090.001Xefe distrito (Valdeorras-Terra de Trives)
MA.C99.20.140.32840.001Xefe distrito (Verín-Viana)
MA.C99.20.150.32060.001Xefe distrito (A Limia)
MA.C99.20.160.36240.001Xefe distrito (Deza-Tabeirós)
MA.C99.20.170.36420.001Xefe distrito (O Condado-A Paradanta)
MA.C99.20.180.36380.001Xefe distrito (Vigo-O Baixo Miño)
MA.C99.20.190.36590.001Xefe distrito (Caldas-O Salnés)

Cuarto.-Deixar sen efecto a anterior relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, publicada no DOG nº 250, do 29 de decembro de 1999; corrección de erros no DOG nº 135, do 12 de xullo de 2000.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintenove de marzo de dous mil un, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Novo código de formación específica: 497. Licenciado en económicas (mérito).

NOTAS (persoal funcionario):

1. Sen dotar orzamentariamente.

2. Coordinación, observatorio para o desenvolvemento sostible do bosque.

3. Ocupado por laboral fixo.

4a. Cando sexa vacante, transformar en xefe de sección, nivel 25.

4b. Cando sexa vacante, transformar en xefe da Sección de Disciplina do Litoral e Titulación Académica: 2062.

5a. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Eume.

5b. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Ortegal.

5c. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Mariña central

5d. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Mariña central.

5e. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Lugo.

5f. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Meira.

5g. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives.

5h. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Tabeirós-Terra de Montes.

5i. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: O Ribeiro.

5j. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Ourense.

5k. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Arzúa.

5l. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Barbanza.

5m. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal: Baixa Limia.

5n. Cando sexa vacante, situar no distrito XI: O Ribeiro-Arenteiro.

5p. Cando sexa vacante, situar no distrito forestal XVI: Deza-Tabeirós.

5q. Cando sexa vacante, situar na comarca: Arzúa-Terra de Melide.

6a. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca: Barbanza.

6b. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca: Mariña occidental.

6c. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca: Meira.

6d. Cando sexa vacante, situar en MAN no distrito X: Terra Chá.

6e. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives (G.F.).

6f. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca forestal: Baixa Limia (G.F.).

6g. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca: Allariz-Maceda (G.F.).

6h. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca: Baixo Miño.

6i. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca Valdeorras (G.F.).

NOTAS (persoal laboral):

1. Dispoñibilidade horaria.

2. Complemento de nocturnidade.

3. Cando sexa vacante, transformar en capataz do establecemento viveiro Santa Cruz.

4. Cando sexa vacante, situar no viveiro Santa Cruz.

5. Cando sexa vacante, transformar en capataz de establecemento no Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe de Santa Cruz.

6. Cando sexa vacante, transformar en celador de segunda no distrito forestal III.

7. Laboral fixo-descontinuo. Postos sometidos ós acordos para a consolidación do emprego e que se dotarán no momento no que exista dispoñibilidade orzamentaria.

8. Amortizar cando sexa vacante.

9. Ámbito: espacios naturais provinciais para divulgación ambiental.

10. Cando sexa vacante, situar no viveiro Os Milagres.

11. Cando sexa vacante, transformar en axente na comarca forestal da Limia.

12. Cando sexa vacante, transformar en axente na comarca de Ourense.

13. Cando sexa vacante, transformar en axente zonal na comarca forestal do Condado.

14. Cando sexa vacante, transformar en axente zonal na comarca forestal da Baixa Limia.

15. Cando sexa vacante, transformar en celador 20 no parque natural do Invernadeiro.

16. Media xornada.

17. Cando sexa vacante, situar na Delegación de Pontevedra (grupo III, categoría 1).

18. Cando sexa vacante, transformar en capataz de establecemento no Centro Cinexético de Mouriscade.

19. Cando sexa vacante, transformar en axente territorial no distrito forestal XVII.

20. Cando sexa vacante, transformar en axente (G.F.) na comarca MAN de Vigo.

21. Cando sexa vacante, transformar en celador/a de 20 (vixilante de recursos naturais).

22. Cando sexa vacante, transformar en axente (G.F.) na comarca MAN do Deza.