Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 3.986

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 65/2001, do 29 de marzo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a México e Nova York, cómpre prove-la súa substitución durante o tempo de ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a México e Nova York, encárgaselle o despacho de asuntos da presidencia, desde o día 31 de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vintenove de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente