Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 3.986

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de marzo de 2001 pola que se publica a composición do Pleno do Consello Galego das Persoas Maiores e se nomea a súa secretaria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 57, do 21 de marzo de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

a) Na páxina 3.577, no artigo 1º, parágrafo C), onde di: «Por Lugo: Mª Pilar Iglesias Osorio, do Fogar da Terceira Idade de Lugo».

Deberá dicir: «Por Lugo: Mª Pilar Iglesias Osorio, do Fogar da Terceira Idade das Gándaras de Lugo».

b) Na páxina 3.578, no artigo 1º, parágrafo E), deberá engadirse: «Benigno Moure Cortés, confederación de fundacións galegas residenciais para a terceira idade».

c) Na páxina 3.578, no artigo 1º, parágrafo G), onde di: «Alfonso Gómez Iglesias por Comisións Obreiras».

Deberá dicir: «Alfonso Iglesias Gómez por Comisións Obreiras».