Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (947/2000).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 947/2000 seguidos por instancia de Monserrat García Martínez e outras contra Josefa-Pilar Rodríguez García sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 14-2-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido: que estimando a demanda formulada por Monserrat García Martínez, Natividad Rodríguez Pose, María Sol Couceiro Santos, Mª Cristina Balsa Sánchez, Mª Nieves López Rodríguez e Isabel Bernardo Seoane, declara a improcedencia do seu despedimento e condena á empresa Josefa-Pilar Rodríguez García, a que á súa elección, que efectuará no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 81.904 pesetas a Monserrat García Martínez, 62.646 pesetas a Natividad Rodríguez Pose, 81.904 pesetas a Mª Sol Couceiro Santos, 81.904 pesetas a Mª Cristina Balsa Sánchez, 42.453 pesetas a Mª Nieves López Rodríguez y 81.904 pesetas a Isabel Bernardo Seoane, con aboamento en todo caso

dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 368.184 pesetas a Sra. García Martínez, 281.612 pesetas a Sra. Rodríguez Pose, 368.184 pesetas a Sra. Couceiro Santos, 368.184 pesetas a Sra. Balsa Sánchez, 351.992 pesetas a Sra. López Rodríguez e 368.184 pesetas a Sra. Bernardo Seoane.

Notifíquese a presente resolución as partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 947-2000 de Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte actora o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da actora.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Josefa-Pilar Rodríguez García, expido e asino a presente na Coruña, 16 de febreiro de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado