Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (699/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos 699/2000 seguidos pola instancia de Jesús Gesto Calvelo contra Favicaso, S.L. y Fogasa sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 13-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Jesús Gesto Calvelo, contra a empresa Favicaso, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó actor da suma de 242.764 pesetas, coa absolución do fondo de garantía salarial sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Favicaso S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en río Xallas, 4, Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 13 de febreiro de 2001.

Rubricado