Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.942

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Polo Decreto 309/1998, do 6 de novembro (DOG nº 226, do 20 de novembro), regúlanse os procesos de selección para o acceso ás prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, con aprobación das ofertas públicas de emprego do organismo para os anos 1998-2000.

Procede agora acordar e publica-las bases que van rexe-la convocatoria da oferta para o ano 2000, que se executará no ano 2001, atendendo ó disposto na Lei 30/1999, do 5 de outubro (BOE nº 239, do 6 de outubro), de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos Servicios de Saúde.

Xa que logo, este centro directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, e no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 4 c) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, consonte as seguintes:

BASES:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o acceso ás categorías que se especifican no anexo I desta resolución.

2. O número de prazas que se cubrirán neste proceso selectivo é o que se especifica, para cada unha das categorías no citado anexo I, con expresión das reservadas ás quendas de acceso libre, promoción interna e, se é o caso, reserva do 3% para minusválidos conforme co establecido no artigo 9.2º do Decreto 309/1998, do 6 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 1.3º do citado decreto, ás prazas ofertadas incrementaránselle as

non cubertas no proceso de provisión que se execute de xeito simultáneo con esta convocatoria, de conformidade co establecido no plan de provisión e selección de persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas (DOG nº 132, do 10 xullo de 1998).

3. As prazas non cubertas polas quendas de promoción interna e, se é o caso, de reserva para minusválidos, acumularanse ó sistema de acceso libre.

4. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instancia que presenten non se deducira a súa opción, serán excluídos provisionalmente, a reserva da súa posterior emenda no prazo de 15 días naturais. De non ser así, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluidos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera tipo de emenda ou aclaración ó respecto.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Tódolos requisitos esixidos nesta base deberán ser posuídos polos aspirantes de calquera quenda de acceso, na data en que remate o prazo de presentación de instancias e teranse que manter ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

1. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

a) Seren españois ou seren nacionais dalgún Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderá participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais dos países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais levados a cabo pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Teren cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.

d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nos seis anos anteriores á convocatoria, nin atoparse inhabilitado con carácter firme

para o desempeño de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

e) Ter aboado as taxas por dereito de exame, se é o caso.

f) Estar en posesión da titulación que para cada unha das categorías que se convocan se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de instancias, sen prexuízo do establecido para promoción interna.

g) Non ter nomeamento en propiedade como persoal estatutario das institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde na mesma categoría á que se opta.

2. Reserva para minusválidos:

Naquelas categorías en que por razón do número de prazas convocadas se reservan prazas para prover pola quenda para minusválidos, os aspirantes, ademais de posuí-los requisitos xerais, cómpre que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente.

No caso de que se lle suscitaran dúbidas ó órgano convocante respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas na categoría á que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

3. Promoción interna:

a) Te-la condición de persoal estatutario en propiedade en calquera institución sanitaria dependente do Servicio Galego de Saúde, pertencente ó grupo de clasificación igual ou inferior ó da categoría á que se pretenda acceder. Os grupos de clasificación serán os establecidos no artigo 3 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.

b) Ter completados dous anos de servicios efectivos como persoal estatutario en propiedade nunha institución sanitaria do Servicio Galego de Saúde, pertencentes a un grupo igual ou a un grupo inferior ó da categoría á que se pretende acceder.

c) Ós que prestaran servicios como persoal estatutario non sanitario en propiedade no grupo inmediatamente inferior durante máis de cinco anos non se lles esixirá o requisito de titulación para o acceso pola quenda de promoción interna ós grupos C e D, agás que sexa esixible unha titulación, acreditación ou habilitación profesional específica.

d) De xeito excepcional poderá participa-lo persoal funcionario de carreira ou laboral fixo o proceso de integración do cal sexa convocado dentro do prazo de presentación de instancias previsto no punto terceiro da base terceira, e solicite a súa integración no prazo establecido.

Terceira.-Instancia.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición terán que cubrir necesariamente o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de

taxas, segundo as súas instruccións específicas, que será facilitado gratuitamente nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións dos centros de xestión de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8, 28014.

Así mesmo, enviaranse para facilita-la súa difusión ó Insalud e ás sedes centrais dos servicios de saúde das comunidades autónomas con competencias na materia.

2. A dita instancia terá que cubrirse conforme o establecido nas instruccións que se establecen nunha folla informativa complementaria.

En todo caso, unha vez que sexa debidamente rexistrada a solicitude e logo de separa-lo exemplar para o interesado, á folla do exemplar para a administración deberá grampárselle, no espacio reservado na súa parte superior esquerda, o exemplar para a administración do modelo de autoliquidación de taxas unha vez realizada a transferencia na entidade bancaria correspondente, xunto cunha fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

No caso de acceder pola quenda de reserva para minusválidos, xuntarase tamén fotocopia da certificación que recolla a dita condición, para os efectos de quedar exentos de aboa-las taxas.

3. O prazo para a presentación das instancias será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos centros referidos no parágrafo primeiro desta base ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5. Por imperativo legal, conforme co disposto no artigo 31 da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001 que modifica o Decreto lexislati

vo 1/1992, do 11 abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán satisfacerse dereitos de exame que ascenderán á cantidade de 7.755 pesetas para categorías pertencentes ó grupo A (técnico da función administrativa), 6.780 pesetas para categorías pertencentes ó grupo B (xestión da función administrativa, traballador social, ATS/DUE, matrona e fisioterapeuta), 5.810 pesetas para categorías pertencentes ó grupo C (TEL, TER, TEAP, hixienista dental e cociñeiro), 4.845 pesetas para categorías pertencentes ó grupo D (auxiliar de enfermería, auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais), e 3.880 para categorías pertencentes ó grupo E (celador e pinche), que serán ingresadas mediante transferencia bancaria nunha das entidades bancarias relacionadas no reverso do modelo de autoliquidación de taxas que se lles

facilitarán xunto coa instancia.

6. Os aspirantes interesados en participar en varias categorías das ofertadas deberán utilizar unha instancia diferente para cada categoría á que se presenten. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes nun modelo de autoliquidación de taxas diferente para cada categoría.

En caso de erros ou omisión na consignación da categoría, a quenda de acceso, así como de discrepancia co importe autoliquidado, a listaxe provisional de admitidos e excluídos establecerá unha exclusión provisional, que poderá ser emendada no prazo fixado dos 15 días naturais.

7. A simple transferencia do ingreso non suporá, en ningún caso, a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma prevista nesta base.

8. Os aspirantes con minusvalidez, opten ou non opten por participar na quenda reservada para minusválidos, poderán sinalar na instancia as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As devanditas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

9. En todo caso, os tribunais reservaran para si o dereito a esixir que se acredite convenientemente a existencia ou non de calquera requisito de participación dos aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

10. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O enderezo que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ó Servicio Galego de Saúde de calquera cambio nel.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, trala clasificación e revisión das achegadas, dictará unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das categorías.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, e terá que indica-lo lugar ou lugares nos que se poderán examina-las listaxes de aspirantes admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de reparación achegadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no número 2 desta base as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada categoría. Para este efecto, a estimación ou, se é o caso, desestimación das ditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique a listaxe definitiva.

5. Devolveránselle-los dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición sempre e cando o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución a que se refire o número anterior e utilicen para isto o modelo que figura como anexo II a esta resolución, achegando obrigatoriamente copia da súa instancia e do seu modelo de autoliquidación de taxas.

Quinta.-Tribunais.

1. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición para cada unha das categorías que se convocan serán nomeados pola autoridade convocante, publicándose para o efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Correspóndenlles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento correcto das probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos aspirantes que resulten seleccionados.

Os tribunais que se nomeen deberán resolver, tanto na fase de oposición como na fase de concurso, tódalas dúbidas que puideran xurdir así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nesta convocatoria, axustándose, en todo momento, ó establecido na lexislación do procedemento administrativo común.

2. Os tribunais serán únicos para cada categoría. Non obstante, na categoría do grupo técnico da fun

ción administrativa poderá acordarse, se é o caso, o nomeamento dun tribunal distinto para cada unha das dúas modalidades, xurídica ou económica, que os aspirantes terán que elixir necesariamente no chamamento para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

3. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións e incidencias, na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, sita en San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, podendo dispoñer que nesta sede unha persoa, membro ou non deles, ou unha unidade administrativa, atenda no posible cantas cuestións sexan formuladas en relación co concurso-oposición.

4. Os tribunais estarán compostos dun número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes. Tódolos membros do tribunal, tanto titulares como suplentes, deberán atoparse en posesión de titulación de igual ou superior nivel académico á esixida para o ingreso na categoría correspondente. O secretario do tribunal terá, en todo caso, voz e voto. Os membros dos tribunais terán a condición de persoal fixo de calquera administración pública.

Un dos vocais que integran o tribunal poderá exerce-la súa función en representación da Escola Galega de Administración Sanitaria.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos dos asesores especialistas ou de apoio que estime oportunos. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

5. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro ou cando nos seis anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría estatutaria. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incurso nas circunstancias ás que se fai referencia neste número. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando ó seu xuízo concorran as ditas circunstancias.

6. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomea os novos membros do mesmo que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles.

7. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros,

o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

8. Os tribunais que actúen neste concurso-oposición terán unha das categorías previstas no artigo 26.2º do Decreto 299/1990 do 24 de febreiro, conforme o acordado polo órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

Conforme o establecido no artigo 5.1º da Lei 30/1999, do 5 de outubro, o sistema de selección será o de concurso-oposición para tódalas categorías que se convocan.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que, para cada unha delas, se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descrita. No devandito anexo especifícase tamén o Diario Oficial de Galicia no que se publicou o programa correspondente.

2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección das probas. Estes criterios de corrección realizaranse con base no disposto no devandito decreto de oferta, no que se establece que superarán os exercicios eliminatorios da fase de oposición aqueles aspirantes que acaden o 50% da puntuación máxima asignada a cada unha das probas de tal carácter. As respostas incorrectas, nos exercicios eliminatorios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un 25% da puntuación asignada á resposta correcta. Os aspirantes que non superen ou non obteñan o 50% da puntuación fixada como máxima nos anexos para cada unha das categorías e probas de carácter eliminatorio, resultarán eliminados.

3. As datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 7 días naturais de antelación.

4. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición tipo test sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, excluíndose aqueles que teñan marcas ou figuras que permitan coñece-la identidade do opositor. Ó remate das probas tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame así como o cuestionario de preguntas. O formulario coas respostas correctas publicarase con posterioridade ó exame.

5. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da autoridade convocante que deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia, logo do acordo ó respecto do correspondente tribunal.

6. As probas de carácter práctico serán fixadas polo tribunal de acordo co previsto nos anexos destas bases para cada categoría.

7. Cando se trate de exercicios que deban ser lidos perante o tribunal, a orde de chamamento dos aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, deberá ser pública, iniciarase por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001, pola que se publica o resultado do sorteo realizado o 13 de febreiro (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

Os sucesivos chamamentos realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar no que se realice a dita lectura e terán que levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos aspirantes farase pública ó remate de cada sesión.

8. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polos membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

9. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos do concurso-oposición os que non comparezan, agás nos exercicios de carácter non eliminatorio (galego) nos que se adxudicará unha puntuación de cero puntos a quen non compareza. En todo caso, para garanti-la unidade de acto non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emenda-la non comparecencia.

10. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos por esta convocatoria, logo da audiencia do interesado, debe propoñe-la súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puideran incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

11. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización da proba, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

12. Trala publicación das puntuacións dos exercicios da fase de oposición, os interesados poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación referida no punto anterior.

13. O tribunal poderá acordar, nos exames tipo test, a inclusión de preguntas reserva que deberán ser contestadas polos aspirantes, ampliándose en tal suposto e de forma proporcional o tempo de realización do exercicio.

14. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá facer que superen a fase de oposición un

número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

B) Fase de concurso.

1. Rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e se abrirá un prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes acheguen, nos lugares indicados na base terceira punto 4, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

Se algún aspirante non achegara calquera tipo de mérito, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos na fase de concurso.

Sen embargo, tódolos aspirantes, sen excepción, que superaran a fase de oposición, deberán achegar inescusablemente a seguinte documentación, pois en caso contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto no anexo I desta resolución.

b) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda desta resolución.

2. Conforme o establecido no Decreto 309/1998, do 6 de novembro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do 40% da puntuación máxima acadable na fase de oposición.

3. Dentro desta fase de concurso valoraranse os servicios prestados en igual ou similar categoría nunha institución sanitaria de titularidade pública. Con menor puntuación valoraranse os servicios prestados en distinta categoría nunha institución sanitaria de titularidade pública. Así mesmo, valoraranse, con menor puntuación, os servicios prestados en igual ou similar categoría en centros residenciais prestadores de servicios sociais de titularidade e xestión pública, e tamén con menor puntuación os servicios prestados en categoría distinta en centros residenciais prestadores de servicios sociais de titularidade e xestión pública.

Os servicios prestados en postos directivos valoraranse de acordo coa titulación do aspirante, na praza básica que resulte axeitada ás funcións desenvolvidas.

Na fase de concurso, os servicios prestados en postos de xefatura / coordinación / supervisión, computaranse como prestados na praza básica desde a que se obtivo o dito nomeamento.

A puntuación destes servicios prestados será a que resulte de aplicar, para cada categoría, o baremo previsto no anexo IV desta resolución.

4. Igualmente achegaranse, mediante orixinal ou fotocopia compulsada, os documentos acreditativos

dos méritos comprendidos dentro do epígrafe de formación, e que se relacionan no anexo IV desta resolución.

5. Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta fase de concurso enténdense referidas ó día de remate do prazo para a presentación de instancias para tomar parte na fase de oposición á que fai referencia o número 3 da base terceira desta resolución.

6. Os tribunais poderán requirir, de oficio, dos aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegura-la máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

7. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no epígrafe de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8. Á vista das reclamacións achegadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ámbalas dúas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando esta relación á autoridade convocante.

9. O sistema de desempate efectuarase a prol dos aspirantes que tiveran a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persisti-lo empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo a súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a prol do aspirante con maior puntuación no epígrafe de experiencia e de ser necesario no epígrafe de formación da fase de concurso. Por último, decidiría a maior idade do aspirante.

10. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

Sétima.-Promoción interna.

1. Conforme o establecido no Decreto 309/1998, do 6 de novembro, a fase de oposición e de concurso polo sistema de promoción interna terá o mesmo contido que para o resto de aspirantes das quendas de acceso libre e, se é o caso, de reserva para minusválidos.

2. Na fase de concurso os tribunais asignarán unha puntuación adicional, que non poderá exceder do

15% da puntuación máxima acadable na fase de oposición, nos termos reflectidos no anexo V desta resolución.

Oitava.-Elección de destino.

1. Recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición na categoría correspondente, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se ofrecen ós aspirantes seleccionados que conterán necesariamente as incrementadas na base primeira punto 2, se é o caso, e se citen estes para o acto de elección de destino.

2. Conforme o establecido no artigo 3.3º do Decreto 309/1998, do 6 de novembro, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.

3. As prazas adxudicaranse, entre os aspirantes, pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición con preferencia a prol dos aspirantes que accederon polo sistema de promoción interna, quedando obrigados estes á elección dalgunha das prazas ofertadas.

4. Só para os efectos de elección de destinos, os aspirantes que superaran o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

5. A solicitude que no acto de elección de destino formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable. Terán que comparecer ó dito acto provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que acredite a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

6. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten praza na forma descrita nos números anteriores ou os que non comparezan persoalmente ou por medio de representante, agás supostos de forza maior libremente apreciados polo órgano convocante. Para estes efectos, concederase un prazo de dous días hábiles para que o interesado comunique e acredite ante a División de Recursos Humanos a causa de forza maior. Neste suposto, elixirá destino a continuación do último dos adxudicatarios.

No suposto de que algún aspirante resulte definitivamente excluído do concurso-oposición, a autoridade convocante procederá a cubri-las prazas ofertadas e non solicitadas entre os aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nestas bases e que superaran a fase de oposición e non foran seleccionados no concurso-oposición. Para estes efectos,

a División de Recursos Humanos citará na forma conveniente a estas persoas para a elección de praza.

A dita cobertura será realizada pola autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos aspirantes no proceso selectivo, quedando expresamente facultada a mesma para, nestes supostos, altera-la proposta inicial do respectivo tribunal.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

1. Celebrado o acto de elección de destino, a autoridade convocante publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia declarando rematado o concurso-oposición, nomeando os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde na categoría correspondente e adxudicando con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

2. Os nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ó día seguinte ó da publicación á que se refire o número anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ó que pertenza esta. De non producirse a devandita toma de posesión sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento e perderán tódolos dereitos derivados da súa participación no proceso selectivo.

3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará emparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Décima.-Norma derradeira.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ós tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e ós que participen nel.

2. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria e sucesivos actos do proceso selectivo serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de emprazamento ós posibles interesados.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Rexursos Humanos

ANEXO I

Persoal sanitario non facultativo

CategoríaGrupoAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación esixida

ATS/DUEB28810012400ATS/DUE

MatronaB 7 2 1 10ATS/DUE, especialidade enfermería obstétrico-xinecolóxica.

FisioterapeutaB 11 3 1 15ATS/DUE-Especialista en fisioterapia ou diplomado universitario en fisioterapia.

TELC 34 12 2 48Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade laboratorio

TERC 34 12 2 48Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade radiodiagnóstico.

TEAPC 5 2 1 8Técnico especialista de formación profesional de segundo grao especialidade anatomía patolóxica.

Hixienista dentalC 14 5 1 20Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade hixienista dental.

Auxiliar enfermeríaD281 9712390Formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria ou técnico en cuidados auxiliares de enfermería.

Persoal non sanitario

CategoríaGrupoAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación esixida

Grupo técnico da función admva.A6 modalidade xurídica

5 modalidade económica

2 m.xurídica

1 m.económica

1 m.xurídica 15Doutor, licenciado, arquitecto ou equivalente

Grupo de xestión da función admva.B1131 15Enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente

Traballador socialB1031 14Asistente social ou diplomado en traballo social

CocineroC1131 15Bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

Auxiliar admvo.D72253100Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente

Persoal de Servicios XeraisD158557220Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

CeladorE216759300Certificado de escolaridade.

PincheE65223 90Certificado de escolaridade.

ANEXO II

SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE DEREITOS DE EXAME

D/Dª..., con DNI nº..., domiciliado en..., teléfono de contacto..., tendo optado á categoría de persoal estatutario de..., de conformidade coa base cuarta 5 da correspondente convocatoria,

SOLICITO:

A devolución efectiva dos dereitos de exame, para o que achego necesariamente copia da miña instancia e do modelo de autoliquidación de taxas, na seguinte conta bancaria (vinte dixitos):...

Asino a presente en (lugar)... a (data)...

(Asinado)

Director Xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

ANEXO III

Exercicios da fase de oposición

A) Técnico da función administrativa.

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 75 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 4 horas, relacionados coas materias específicas do programa segundo a modalidade xurídica ou económica elixida.

Para a realización deste exercicio os aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

3º Exercicio (eliminatorio):

Nun prazo máximo de 4 horas 30 minutos, os aspirantes terán que desenvolver por escrito tres temas, un da parte común e dous da parte específica, sorteados ó chou polo tribunal.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, os coñecementos e a orde das ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

4º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos

O programa relativo ó grupo de técnico da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

B) Xestión da función administrativa.

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a tres supostos prácticos de 25 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 1 hora e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

3º Exercicio (eliminatorio):

Nun prazo máximo de 3 horas, os aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, sorteados ó chou polo tribunal.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, os coñecementos e a orde das ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

4º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos

O programa relativo ó grupo de xestión da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

C) ATS/DUE, fisioterapeutas, trabalaldores sociais, matronas:

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas tipo test con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test de supostos prácticos con res

postas alternativas sobre os temas do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría, para desenvolver nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo ás categorías de ATS/DUE e fisioterapeuta foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995 e nº 226, do 20 de novembro de 1998; traballador social, foi publicado no DOG nº 52, do 15 de marzo de 1995; matronas, foi publicado no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998.

D) Hixienistas dentais, TEL, TER, TEAP:

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 125 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test de supostos prácticos con respostas alternativas, con base no contido do programa relacionado coas competencias profesionais da categoría, nun prazo máximo de 1 hora e 40 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de hixienista dental foi publicado no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998; TER, TEAP e TEL, foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

E) Cociñeiros:

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 125 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de carácter práctico para demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de cociñeiro foi publicado no DOG nº 87, do 8 de maio de 1995.

F) Auxiliares de enfermería:

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test, de supostos prácticos con respostas alternativas, sobre os temas do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría de acceso, para desenvolver nun prazo máximo de 1 hora 20 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos

O programa relativo á categoría de auxiliar de enfermería foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

G) Auxiliares da función administrativa, persoal de servicios xerais.

1º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de contido teórico-práctico a través da que se evidencie o coñecemento polos aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) en contorno Office, e que poderá diferenciarse en dúas partes, unha teórica e outra práctica, na proporción, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

O tribunal por cuestión de índole organizativa, poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ó chou nos correspondentes chamamentos parciais.

Así mesmo, todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para supera-la proba serán cualificados directamente como Non apto.

Esta proba será valorada de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos

O programa relativo á categoría de auxiliar da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995), e o de P.S.X. no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998.

H) Celadores e pinches:

1º Exercicio (eliminatorio):

Constestación por escrito dun cuestionario de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do progama, nun prazo máximo de 1 hora 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test de supostos prácticos con respostas alternativas con base no contido do programa relacionado coas competencias profesionais da categoría, nun prazo máximo de 1 hora e 5 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (non eliminatorio):

Consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de celadores e pinches foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

ANEXO IV

Valoración da fase de concurso

Advertencia común a tódalas categorías:

-O cómputo de servicios prestados enténdese por meses completos; coas fraccións de mes, debidamente totalizadas, efectuarase unha división enteira entre 30.

-Fase de oposición: 200 puntos.

-A puntuación máxima acadable pola fase de concurso será de: 80 puntos

-Puntuación máxima por servicios prestados: 70 puntos.

-Puntuación máxima por formación: 10 puntos

Primeiro.-Puntuación por experiencia profesional. A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 70 puntos.

1. Por cada mes de servicios prestados, en categoría igual ou similar á que se opta, nas institucións sanitarias de titularidade pública: 0,73 puntos por mes.

2. Por cada mes de servicios prestados, en distinta categoría á que se opta, nas institucións sanitarias de titularidade pública: 0,37 puntos por mes.

3. Por cada mes de servicios prestados, en igual ou similar categoría á que se opta, en centros residenciais prestadores de servicios sociais de titularidade e xestión pública: 0,24 puntos por mes. A puntuación máxima neste punto tres será de 23,04 puntos.

4. Por cada mes de servicios prestados, en distinta categoría á que se opta, en centros residenciais prestadores de servicios sociais de titularidade e xestión pública: 0,12 puntos por mes. A puntuación máxima neste punto catro será de 11,52 puntos.

Segundo.-Valoración e cómputo do epígrafe de formación postgraduada:

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados, e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Cruz Vermella e colexios oficiais das distintas profesións ou acreditados ou avaliados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

-De 20 a 60 horas: 2 puntos.

-De 61 a 200 horas: 3 puntos

-De 201 en diante: 5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas que tiveron virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación continua asinado coas centrais sindicais e o SERGAS, terán a seguinte valoración:

-De 20 a 60 horas: 3 puntos.

-De 61 a 200 horas: 4 puntos

-De 201 en diante: 7 puntos.

Acreditación dos cursos:

Deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e remate, o contido deste e a localidade onde foi impartido.

Calquera tipo de cursos dos especificados nos parágrafos anteriores cunha duración inferior a 20 horas, ou ben que non acrediten duración ningunha, computaranse con 0,50 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Especificamente, para as categorías de ATS/DUE, matrona e fisioterapeuta neste epígrafe de formación valoraranse igualmente os seguintes méritos, todo iso

de acordo co previsto no artigo 5.4º da Lei 30/1999, do 5 de outubro:

a) Expediente académico: a puntuación máxima neste alínea será de 2 puntos.

-Por cada matrícula de honra: 0,5 puntos.

-Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

-Por cada notable: 0,15 puntos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

b) Formación específica de posgrao: a puntuación máxima a alínea será de 2 puntos.

Polo título ou diploma dunha especialidade de enfermería que recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de Educación e Cultura: 1 punto.

c) Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa profesión, publicados en revistas de ámbito nacional ou internacional: 0,25 puntos por cada publicación.

A puntuación máxima nesta alínea será de 1 punto.

d) Por docencia a postgraduados en centros acreditados para a docencia, por cada ano completo: 0,25 puntos.

A puntuación máxima nesta alínea será de 1 punto.

ANEXO V

Promoción interna

Normas xerais para tódalas categorías (máximo 20 puntos):

-Valoración do contido funcional, de se-lo caso (máximo 14 puntos):

a) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 14 puntos.

b) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 10 puntos.

c) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e distinto estatuto: 6 puntos.

d) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e distinto estatuto: 3 puntos.

-Desempeño de postos (máximo 6 puntos):

a) Desempeño de postos directivos (directores e subdirectores): 6 puntos.

b) Desempeño de postos de xefatura de servicio e sección ou supervisión de área ou unidade, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 4 puntos.

c) Desempeño de postos de xefatura de grupo ou equipo, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 2 puntos.