Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (771/2000).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos 771/2000 seguidos por instancia de Jaime López Mosquera contra a empresa Serviparga, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu auto con data do 16-2-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«1. Declaro extinguida a relación laboral que existía entre as partes na data da presente resolución.

2. A empresa Serviparga, S.L. aboará a Jaime López Mosquera a cantidade de 679.158 pesetas, en concepto de indemnización por despedimento.

3. Aboará igualmente a cantidade de 266.490 pesetas, como salarios devengados desde a data da sentencia ata o día da data.

Notifíquese o presente auto ás partes, advertíndolles que contra el cabe interpoñer recurso de suplicación no termo de cinco días perante este xulgado.

Así, por este meu auto, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Serviparga, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado