Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001 pola que se acorda o sinalamento para a celebración da poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 29 de xaneiro de 2001, o alleamento en pública poxa do ben inmoble embargado no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Otero Freire, Manuel, NIF 33.831.378-B, que a seguir se describe:

Lote 1.

Casa sinalada co nº 170, da calzada da ponte en Lugo, en mal estado de conservación, superficie plana construída 45,25 m composta de planta baixa, dous pisos altos, faiado e un terreo de 38,71 m.

Referencia catastral: 6823007PH16752.

Tipo: 6.514.910 pesetas.

Cargas: non constan.

Predio rexistral: non está inscrito no Rexistro da Propiedade

e, de conformidad coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 16 de abril de 2001 ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Con

sellería de Economía e Facenda en Lugo, c/ Ronda da Muralla, nº 62, baixo, a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será ó menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo

proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación, non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos