Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre categorías, adoptado pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 13 de marzo de 2001.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2º e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 13 de marzo de 2001, certificación da secretaria da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo sobre categorías, acadado na xuntanza do 13 de marzo de 2001.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na xuntanza da comisión paritaria con data do trece de marzo de dous mil un (acta 3/2001) adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Incluír no anexo II do III Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia a seguinte categoría:

Grupo: IV.

Categoría-número: 38.

Categoría-denominación: auxiliar do teléfono de información ó cidadán.

Segundo.-Engadir na categoría 1 do grupo I as denominacións de director da Escola Galega do Deporte e técnico da Escola Galega do Deporte.

Terceiro.-Suprimir do citado anexo II a categoría 10 do grupo V, coa denominación de auxiliar do teléfono de información ó cidadán e a categoría 28 do grupo II, coa denominación xefe/a de estudios de centro de tecnificación deportiva.