Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de tinturerías, lavanderías e pasada de roupa da provincia da Coruña.

Visto o texto de revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de tinturerías, lavanderías e pasada de roupa da provincia da Coruña (código convenio nº 1501505) que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 2-2-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coruña e da parte social por UGT, CIG e CC.OO. o día 1-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña (1-2-2001)

Asistentes:

Pola parte empresarial: Pedro Roca, Laureano Míguez, Francisco Oliveira Lago (Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coruña, Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Pola parte social: Carmen Brea Iglesias (UGT), Luis Soto (CIG), Enrique Llames (CC.OO.).

Na Coruña, ás 17.30 horas do día 1 de febreiro de 2001, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense as partes arriba indicadas co obxecto de levar a cabo a aplicación da cláusula de revisión salarial establecida no artigo 9 do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña.

Inicialmente procédese a levar a cabo a revisión salarial que establece o citado artigo 9, polo exceso do IPC do ano 2000, recalculándose as táboas do ano 2000, que serán o resultado de aplicar un incremento do 4% sobre as táboas do ano 1999. As táboas salariais resultantes servirán de base para rectifica-las táboas salariais do ano 2001.

A continuación rectifícanse as citadas táboas salariais do ano 2001, calculadas co incremento salarial do 3% acordado, que figuran como anexo desta acta.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez (asesora laboral da CEC) para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta e as novas táboas salariais do ano 2001.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 18.30 horas da data arriba indicada.

ANEXO

Táboas salariais convenio tinturerías. Ano 2001

CategoríasSalario

base/mes

Salario

base/ano

Salario

mes/euros

Persoal técnico
Director100.7641.410.696605,6
Técnico94.9041.328.656570,38
Encargado xeral89.0471.246.658535,18
Xefe de sección83.1881.164.632499,97

Persoal administrativo
Xefe administrativo83.1881.164.632499,97
Oficial administrativo80.8451.131.830485,89
Auxiliar administrativo79.6731.115.422478,84

CategoríasSalario

base/mes

Salario

base/ano

Salario

mes/euros

Persoal obreiro e de recibo

e entrega

Encargado83.1881.164.632499,97
Oficial de primeira80.8451.131.830485,89
Oficial de segunda79.6731.115.422478,84
Especialista78.5001.099.000471,79
Mozo de reparto78.5001.099.000471,79

Persoal subalterno e de

servicio auxiliar

Limpador78.5001.099.000471,79