Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do escrito da acta do acordo da actualización das táboas salariais do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación de Ourense para o ano 2001.

Visto o escrito da acta do acordo da actualización das táboas salariais do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación de Ourense para o ano 2001 (código de convenio 3200545, publicado no BOP nº 108, do 12-5-2000), con entrada nesta delegación provincial o día 5-2-2001, subscrito pola comisión paritaria do citado convenio colectivo o día 24-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de febreiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio de alimentación da provincia de

Ourense para os anos 2000-2001

Asistentes:

Pola parte sindical:

CC.OO.: José Gómez Gómez.

UGT: Concepción López Caride.

CIG: Carlos Vázquez Castro.

Fetico: Luis Cardero Tabarés.

Pola parte empresarial:

Rafael Souto Outeda.

Francisco Carabal di Paola.

Luis García Cabreros.

En Ourense, ás 17 horas do día 24 de xaneiro de 2001 reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense para os anos 2000 e 2001 co fin de actualiza-los salarios para o segundo ano de vixencia do convenio.

A representación empresarial di que, de acordo co establecido no artigo 10 do convenio colectivo, o incremento salarial para o 2001 será o IPC + 0,75. Tendo en conta que o IPC o 31 de decembro foi o 4% o incremento que se vai aplicar é 4,75% en tódolos conceptos salariais.

Tendo iso en conta chégase ós seguintes acordos:

1. Modificación do artigo 21 do convenio colectivo, actualizando a contía da gratificación de actividade.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de gratificación de actividade a cantidade de 6.233 pesetas mensuais aplicándose a citada cantidade ás doce mensualidades.

2. Modificación do artigo 12 actualizando a contía das axudas de custo.

Terán dereito a elas tódolos traballadores que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar viaxes ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo, que imposibliten o seu regreso e nos que faga falta efectuar comidas fóra do seu domicilio habitual, ou cando teñan necesidade de desprazarse a localidades onde a misión comezada tamén esixa unha permanencia que obrigue a aloxarse.

Axuda de custo completa: 4.858.

Xantar: 1.822.

Cea: 1.215.

Almorzo: 365.

Ou ben, mediante acordo coa empresa, utilizando o sistema de gastos que se van xustificar.

3. Modificación da táboa salarial, actualizada nun 4,75%.

Grupo profesional, nivel retributivo, categorías incluidas, salario base, salario anual, valor cuadrienal.

I A) Director: 124.615-1.869.225.

I B) Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras: 116.828-1.752.420.

I C) Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro: 109.037-1.635.555.

II A) Xefe de almacén, xefe de supermercado, xefe de sección: 102.806-1.542.090.

II B) Analista, responsable de expedición, recepcionista: 101.368-1.520.520.

II C) Oficial administrativo, programador: 98.133-1.471.995.

III A) Mecánico, electricista, oficial de 1ª chofer, operador informática, capataz, vixilante: 95.021-1.425.315.

III B) Dependente, oficial de 2ª chofer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar administrativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado: 90.346-1.355.190.

III C) Telefonista, mozo de reparto, repoñedor, oficial de 3ª, axudante, persoal de limpeza: 87.232-1.308.480.

E sen máis puntos que tratar levántase a sesión cando son as 17.30 horas no mesmo lugar e data establecido ó inicio, levantándose para o efecto a presente acta, que en proba de conformidade, asinan os presentes por sextuplicado exemplar.

Rubricado