Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta levantada pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo para o sector da hostalería de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo para o sector da hostalería de Ourense asinando a revisión das táboas salariais do ano 2000 (código de convenio 3200215, publicado no BOP nº 126, do 3 de xuño de 2000), con entrada nesta delegación provincial o día 1-2-2001, subscrito pola comisión mixta paritaria do citado convenio colectivo o día 31-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de febreiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

Reunidos os membros da comisión mixta paritaria estipulada no capítulo VI, disposición adicional primeira do convenio colectivo provincial de hostalería, publicado no BOP nº 126, do 3 de xuño de 2000, en Ourense, sendo as 10 horas do día 31 de xaneiro de 2001, co obxecto de dar cumprimento ó establecido no artigo 34 do texto do convenio,

ACORDAN:

Primeiro.-Os conceptos salariais que se van revisar son a táboa salarial e os establecidos no artigo 28, na contía do 2% (diferencia entre o IPC previsto e o IPC real de 2000). As ditas cantidades especifícanse no anexo I desta acta única.

Segundo.-As diferencias salariais deste incremento aboaranse mediante un único pago no primeiro trimestre do presente ano, que será igual á diferencia do salario percibido e o que debía percibir no período comprendido entre o 1-1-2000 ó 31-12-2000, segundo cada categoría.

Terceiro.-Enviar á Delegación de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, copia do presente acordo para a súa aprobación e posterior publicación nos boletíns correspondentes.

Firmado:

José Alcaine

Antonio Diéguez Vidal

Emilio González

José Carlos Vázquez Soto

José Gómez Gómez

Concepción López Caride

Carlos Vázquez Castro

ANEXO I

Artigo 28º.-Complementos en especie: 3.244 pesetas, 1.297 pesetas e 1.103 pesetas.

Táboa salarial

ANEXO III

Grupos

profesionais

1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

1143.847140.465137.095133.742
2133.742130.341126.966123.596
3126.329122.956119.581116.202
4112.832109.456109.456106.247
5101.54298.16694.79394.793
696.48396.48394.79394.793
796.48396.48394.79394.793