Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio do expediente sancionador 1/2001 a Jesús Pérez Díaz.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 1/2001, seguido en virtude de denuncia formulada por María del Carmen Castiñeira Fraga, contra Jesús Pérez Díaz, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública, da que é titular, a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 1/2001.

Vista a denuncia presentada por María del Carmen Castiñeira Fraga, e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 9 de marzo de 2000 recibiuse escrito, na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, denunciando posibles irregularidades na ocupación da vivenda 1º B da rúa Armórica, 67 de Lugo, da que é titular Jesús Pérez Díaz, correspondentes ó grupo de vivendas de promoción pública, denominadas Fingoy-Blancas, acollidas ó expediente LU-81/010.

2. O 23 de maio de 2000 iniciáronse trámites de información reservada ó existir indicios do incumprimento por parte do titular da obriga de ocupa-la vivenda de forma permanente e habitual. Así, solicitáronse informes socioeconómicos da asistencia social, certificados de convivencia e consumos de auga referidos ó ano 1999. Ó mesmo tempo, solicitouse de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. certificado de consumo de enerxía eléctrica.

3. Que o Concello de Lugo remite, con datas do 17 e 27 de xuño de 2000, a información solicitada, da que se desprende que o denunciado figura como

empadroado na vivenda de referencia e onde o consumo de auga na dita vivenda é nulo nos últimos 12 meses. Tamén, con data do 30 de maio de 2000, emítese certificación por parte de BEGASA, segundo o cal non aparece ningún contrato de abastecemento de enerxía eléctrica a nome do denunciado.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio (DOG nº 109, do 9 de xuño).

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e de conformidade co artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados desde a notificación deste acordo, para achega-los documentos ou informacións que coiden convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que terán a cualificación de infraccións graves: ... c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses da que aparece como presunto responsable Jesús Martínez Franco, podéndose sancionar con multa de 100.001 ata 500.000 pesetas, sen prexuízo do que resulte da tramitación deste procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da mencionada lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Jesús Pérez Díaz, como presunto responsable dos feitos sinalados.

Segundo.-Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez e como secretario a Ángel Negrete Rico.

Terceiro.-Conceder un prazo de quince días para que os interesados acheguen cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes, e, de se-lo caso, propoñan proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese este acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados para os efectos oportunos.

Lugo, 16 de xaneiro de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo