Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade 78.1/1998 (B), por presunta infracción da lexislación de costas e de nomeamento de instructor e secretario.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se cita no

anexo o acordo do delegado provincial desta consellería en Pontevedra, polo que se ordean a incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.); noméase o persoal do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial como instructor Alfonso Fernández Fernández, e secretario Francisco Javier Fernández Rosendo (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril).

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

De conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cómpre informalo de que o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución deste expediente é de 6 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente), sen que poda darse, neste caso, por disposición do establecido nos artigos 92 da L.C. e 176.1º do R.C.

Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de seis meses quedará suspendido:

-Cando se lle deba requirir ó interesado emenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

-Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

En virtude do anterior acordo, os interesados disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formularen alegacións e propoñeren, se é o caso, a práctica daquelas probas que consideren pertinentes para a determinación dos feitos. Será de aplicación en materia de proba o disposto polos artigos 80 e 81 da LRXAPAC.

Pontevedra, 5 de marzo de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 78.1/1998 (B).

Denunciado/a: Camping el Estanque Dorado, S.L.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Estrada Tui-A Guarda-Carregal de Abaixo s/n-Tomiño.

Data do acordo: 10-11-2000.

Feitos: instalación de casas prefabricadas e caravanas e construcción de edificación para aseos.

Lugar: Carregal.

Concello: Tomiño.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que se puidese impoñer, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.