Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 2 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente sancionador 10.5/1992-II (B), por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en diante L.C.) e ó seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos R.D. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 10.5/1992-II (B).

Interesados: José Antonio Devesa Otero e Mª Rosa Sánchez Aguiño, como actuais propietarios das obras obxecto do expediente.

Último enderezo coñecido: estrada A Lanzada-San Vicente do Mar, nº 33-O Grove.

Feitos sancionados: construcción dunha vivenda e piscina.

Lugar: Punta Raeiro.

Concello: O Grove

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a) e 26.1º da L.C; e artigos 45.1º a), e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e), 95.1º e 97.1º b) da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e), 179.1º e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 6.492.566 pesetas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e á reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.