Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-195/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 8 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-195/2000.

Denunciado: Ángel Agrasar Moure; enderezo San Xulián 17-Pontecesures.

DNI: 35.456.906.

Feitos denunciados: pescar con rede no río Ulla, sendo sorprendido cando botaba ó río desde unha embarcación. Feitos ocorridos ás 22.15 horas do día 10 de setembro de 2000, no río Ulla ó seu paso por San Xulián, no concello de Pontecesures.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 26-1-2001.

Precepto infrinxido: 35.2º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un período de 1 ano e 1 día.