Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sanionador EN-78 e 66/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, de Caixa Galicia (2091), oficina 0388. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 8 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN-66/2000.

Denunciado: Juan José Falda Rodríguez; enderezo r/ Ramón Cabanillas nº 10-2º-Moaña.

DNI: 36.039.893.

Feitos denunciados: circular cun vehículo en espacio natural protexido. Os axentes denunciantes observaron cómo se atopaba estacionado o vehículo tipo ciclomotor marca Aprilia, modelo Sonic-50, matrícula C-6895-BFV existindo un cartel informando da prohibición da circulación de vehículos fóra das pistas do dito espacio natural protexido. Feitos denunciados ás 17.30 horas do día 1 de agosto de 2000, en Viñó, Barra-O Hío, no concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 7-9-2000.

Data do acordo da proposta: 11-10-2000.

Proposta: sancionador a Juan José Falda Rodríguez, con multa de 10.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: circular cun vehículo por dunas e praia.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Circunstancias concurrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: EN-78/2000.

Denunciado: Eduardo González Rodríguez; enderezo Subida ó Rebullón nº 14-Mos.

DNI: 36.070.907.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Seat, modelo Ibiza con matrícula PO-03616-BD, existindo un cartel que informaba da prohibición da entrada ó lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Data do acordo da proposta: 19-10-2000.

Proposta: sancionar a Eduardo González Rodríguez con multa de 10.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: circular cun vehículo por dunas e praia.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 ptas.