Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de sobresemento do expediente sancionador EN-32/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións de sobresemento dos ditos expedientes.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recursos ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente Natural. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Pontevedra, 8 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último domicilio coñecido

EN-32/2000Herminio Casares Villar

Travesía Picota 17-3º C

Redondela

EN-33/2000Transworld Internacional Curier, S.L.

r/ Florencio García 75

Madrid

EN-97/2000Mª del Carmen Fdez. Solla

Xeneral Mola 76-9º D

Marín