Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de febreiro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Proseca, S.L. o requirimento de execución de obras dictado no expediente de dilixencias previas 36-S-0260/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ante a infructuosidade do intento de notificación persoal (devolto polo servicio de correos coa indicación de descoñecido), requírese a Proseca, S.L. (con último enderezo coñecido na rúa Castelao, 6, 1º, en Pontevedra), en relación co expediente de dilixencias previas 36-S-0260/98, incoado en virtude de denuncia presentada por José Luis Zarano Domínguez, como presidente da comunidade de propietarios do edificio de protección oficial (con cédula de cualificación definitiva como VPO, de data 21 de abril de 1994) sito na rúa Fondevila, 37, en Pontevedra, sobre deficiencias no citado inmoble, para que, como sociedade promotora da devandita obra, proceda no prazo dun mes, e logo de contacto coa dirección facultativa, a executa-las obras precisas para repara-las

deficiencias constatadas no informe elaborado polos servicios técnicos deste organismo e que se relacionan a continuación:

VivendaDef. observadaReparacións

4º ATerraza.-Fisura horizontal na zona superior do cerramento. F5.Selado da fenda con material elástico.

4º BTerraza.-Cano encontros en esquinas abertas. F8.Dotar da necesaria estanquidade o dito cano.

Dormitorio principal.-Fisuras en esquinas. F7.Selado da fenca con material elástico.

3º DDormitorio 2.-Fisura entre tabique e cerramento de 4 mm na zona máis larga, o propietario asegura que creceu, atravesa o tabique, foi reparada cun selado de material elástico. F12-13.Picado e limpeza, tomado dela con colocación de grampas metálicas e posterior pintado.

Baño dormitorio principal.-Fisura na esquina seguindo as xuntas dos azulexos.Selado da fenda con material elástico e calea.

Dormitorio 2.-Fisura entre teito e cerramento.Selado da fenda con material elástico.

VivendaDef. observadaReparacións

2º CSalón-comedor.-Fisura importante entre o tabique do salón con dormitorio dentro dun armario encastrado, aproximadamente 0,90 mm. F16 e 17.Selado da fenda con materia elástico e pintado o pano con pintura armada para evita-la súa reproducción.

1º BTabique de acceso.-Fisura que parte da porta de acceso horizontalmente. F18.Selado da fenda con material elástico.

Cociña.-Fisura que rompe o azulexo e atravesa o tabique cara á entrada. F19.Retira-los azulexos afectados, selado da fisura polas dúas caras e colocación doutros das mesmas características dos anteriores.

Unha vez executadas as obras, deberá comunicarllo a esta área provincial, xunto coa conformidade da dirección facultativa.

De non facelo así, poderá iniciarse o correspondente procedemento sancionador.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 20 de febreiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Sociedade requirida: Proseca, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Castelao, 6, 1º, Pontevedra.