De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Concepción Rebollal López con DNI 34.196.557-L de acordo co que figura no anexo, a resolución adoptada polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 25 de xaneiro de 2001, no expediente sancionador ICA-LU-27/1999-F, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción esta resultou devolta.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia número 20910152203110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Faise saber que esta resolución é firme en vía administrativa, e contra ela poderase presentar recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.
Secundino Grobas Mosquera
Director xeral de Industrias e Alimentación
ANEXO
Expediente: ICA-LU-27/1999-F.
Empresa denunciada: Concepción Rebollal López.
CIF/DNI: 34.195.557-L.
Domicilio: rúa Observatorio s/n.
Infraccións cometidas e precepto infrinxido: dispoñer dunha mercadoría intervida cautelarmente pola inspección constitúe unha infracción do artigo 5.3º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. A dita infracción cualifícase como grave, segundo disposto no artigo 7.1º.2 do citado R.D. 1945/1983.
Preceptos sancionadores: o artigo 10.1º do mencionado R.D. 1945/1983 dispón que as infraccións ó artigo 7.1º.2 serán sancionadas con multa comprendida entre 100.001 e 2.500.000 ptas.
Sanción: multa de 200.000 pesetas, resultante de sanciona-la disposición da mercadoría intervida cautelarmente.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 20910152203110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución.
Faise saber que esta resolución é firme en vía administrativa e contra ela poderase presentar recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.