Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación das obras de rehabilitación da igrexa do Mosteiro de Santa María de Aciveiro, fase VII, Aciveiro, Forcarei (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de obras:

Rehabilitación da igrexa do Mosteiro de Santa María de Aciveiro, fase VII, Aciveiro, Forcarei (Pontevedra).

Orzamento de licitación: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de pesetas=150.253.03 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Exposición da documentación: o pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto de obra estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=239.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

P.D.(Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo