Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. de C.T. Cardosas a C.D. Telefónica.
Situación: Redondela.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Cardosas ata o centro de distribución Telefónica, no concello de Redondela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra