Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. saída 6/240 subestación Balaídos.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 720 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación Balaídos ata o apoio N.1 da L.M.T.A. D/C BAL 7.06-7.08, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra