Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de marzo de 2001 pola que se convocan dúas bolsas de colaboración en tarefas de orientación e información ós estudiantes.

A Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, pola que se establece a súa estructura orgánica, ten atribuídas, entre outras funcións, a xestión das accións de apoio á formación e actualización do profesorado universitario e de apoio económico ós estudiantes universitarios, así como o estudio e a proposta de resolución nos recursos administrativos referentes ó seu ámbito de competencia.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Obxecto.

Convócanse dúas bolsas de nova adxudicación para a realización de tarefas de orientación e información ós estudiantes.

Segundo.-Duración e dotación económica.

A duración de cada bolsa comprende desde o 1 de maio ata o 31 de decembro de 2001, e poderá prorrogarse, en función do aproveitamento do adxudicatario, sempre que exista crédito adecuado e suficiente.

A dotación económica de cada bolsa será de 112.000 pesetas mensuais, así como un seguro de asistencia sanitaria e de accidentes.

Terceiro.-Natureza xurídica da relación.

A condición de bolseiro non xerará unha relación laboral ou administrativa coa Xunta de Galicia nin a súa inclusión na Seguridade Social.

Cuarto.-Requisitos dos participantes.

Poderán optar á bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser titulado/a superior ou diplomado universitario.

b) Acreditar formación e/ou coñecementos da lingua galega.

c) Acreditar formación e coñecementos de informática.

Quinto.-Solicitudes.

As persoas interesadas presentarán no Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Universidades, dentro dos vinte días hábiles seguintes ó da publicación desta convocatoria, a seguinte documentación:

a) Instancia de admisión para participar nas probas de selección, segundo o modelo anexo.

b) Currículum vitae cos documentos acreditativos e a certificación académica na que se detallen as cualificacións obtidas na licenciatura.

c) Documentos que acrediten a formación e /ou experiencia esixida nos puntos 4.a e 4.c, e, potestativamente, a do punto 4.b.

d) Memoria descritiva das tarefas de colaboración dun bolseiro en relación coas funcións de orientación e información ós estudiantes.

e) Declaración xurada das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, indicando o período do seu aproveitamento.

Sexto.-Selección dos candidatos.

1. Os servicios da Dirección Xeral de Universidades comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é caso, as causas de exclusión nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais.

2. Esta lista estará exposta desde o 19 ó 29 de abril de 2001; os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar

erros e falta de documentos, ante a Dirección Xeral de Universidades, e achegar, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o interesado desiste da súa petición logo de resolución, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992.

Sétimo.-Comisión avaliadora.

Presidente: o director xeral de Universidades ou persoa en quen delegue.

Vocais: o asesor xurídico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Un funcionario da Dirección Xeral de Universidades.

Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Universidades.

Oitavo.-Criterios para a selección dos bolseiros.

A selección realizarase mediante a valoración dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

a) Expediente académico: ata catro puntos.

b) Experiencia ou formación en temas informáticos: ata dous puntos.

c) Coñecementos da lingua galega: ata un punto. De non telo xustificado documentalmente, valorarase na entrevista.

d) Outros méritos do currículum vitae: ata dous puntos.

e) Memoria: ata cinco puntos.

A comisión avaliadora poderá realizar unha entrevista cos aspirantes que acrediten máis de oito puntos no anterior baremo. Tratará sobre os seus méritos curriculares e a memoria, e terá unha duración máxima de quince minutos. En función do contido da entrevista, a comisión avaliadora poderá aumenta-la puntuación inicial asignada nun máximo do 25% da que lle corresponde por aplicación do baremo.

Efectuada a selección pola comisión, esta elevará, a través da Dirección Xeral de Universidades, un informe-proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá resolución na que constará unha lista de reserva e de solicitudes denegadas, coas causas de exclusión. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Quinta.-Para os efectos establecidos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modi

ficada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de catro meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, producindo efectos desestimatorios a falta de resolución.

Noveno.-Réxime de colaboración.

Os aspirantes seleccionados incorporaranse, logo da aceptación da bolsa, no prazo de tres días naturais seguintes ó da notificación do outorgamento.

No caso de que un adxudicatario, por calquera motivo, non poida presta-la súa colaboración, será substituído polo candidato seguinte por orde de puntuación.

Os bolseiros prestarán a súa colaboración, na Dirección Xeral de Universidades, baixo as indicacións do director xeral de Universidades en horario de mañá e/ou tarde, de luns a venres.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas.

Décimo.-Pagamentos.

O pagamento aboarase mensualmente na conta bancaria indicada polo interesado, logo do certificado do director xeral de Universidades de ter cumprido coas tarefas de colaboración.

Décimo primeiro.-Cláusula xeral.

No caso de incumprimento das tarefas de colaboración, a Dirección Xeral de Universidades logo de escoita-la persoa afectada, poderá anula-la bolsa.

A solicitude da bolsa implica o coñecemento e a aceptación destas bases.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Décimo segundo.-Orzamento.

As accións derivadas desta convocatoria, que ascenden ó importe de 1.918.000 ptas., financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001, na que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos para o dito ano.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria