Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Eólicos Touriñán, S.A. denominado P.E.E. Eólicos Touriñán.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eólicos Touriñán, S.A. con enderezo para efectos de notificacións na Ronda de Outeiro, 269, L.5. 15010 A Coruña, sobre aprobación do P.E.E. Eólicos Touriñán; esta consellería ten en conta os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 31 de marzo de 1999, Luis Couceiro Sánchez, en nome e representación de Eólicos Touriñán, S.A., CIF A-15558240, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Eólicos Touriñán. A dita petición someteuse a información pública por Resolución do 30 de xuño de 1999, publicándose no BOE do 21 de xullo de 1999 e no Diario Oficial de Galicia do 28 de xullo do mesmo ano.

As características principais do P.E.E. Eólicos Touriñán que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaConcellosXY

P.E. Touriñán IA CoruñaMuros

Santa Comba

Mazaricos

Outes

Negreira

500.000

500.000

511.000

511.000

4.743.000

4.759.000

4.759.000

4.743.000

P.E. Touriñán IIPontevedraCerdedo

Forcarei

A Estrada

Silleda

548.000

548.000

555.000

555.000

4.711.000

4.730.000

4.730.000

4.716.000

P.E. Touriñán IIIPontevedraA Estrada

Cerdedo

Cuntis

Campo Lameiro

540.000

540.000

547.000

547.000

4.710.000

4.717.000

4.717.000

4.710.000

P.E. Touriñán IVA CoruñaMonfero

Irixoa

Aranga

581.000

581.000

583.000

583.000

4.789.000

4.795.000

4.795.000

4.789.000

P.E. Touriñán VA CoruñaCee

Corcubión

475.000

479.000

485.000

485.000

4.751.000

4.761.000

4.761.000

4.751.000

P.E. Touriñán VIA CoruñaPorto do Son498.000

498.000

502.000

502.000

501.000

501.000

4.720.000

4.730.000

4.730.000

4.725.000

4.725.000

4.720.000

P.E Touriñán VIIA CoruñaMuxía481.500

481.500

484.000

484.000

4.770.000

4.772.700

4.772.700

4.770.000

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Fomensa Hispania, S.L.

2. Ercco, S.L.

3. Geseo, S.L.

Segundo.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio soli

citadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito segundo, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación planificados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido a súa inviabilidade, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da citada empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia que o plan solicitado non pode ser concedido na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se lle debe conceder á empresa Eólicos Touriñán, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 3 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 55 MW.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Eólicos Touriñán referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 55 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Eólicos Touriñán, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Eólicos Touriñán, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que considere pertinente en prol de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha o algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, si a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Eólicos Touriñán, S.A. deberalle presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizadas e previstas.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Cuarta.-A empresa Eólicos Touriñán, S.A., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-Eólicos Touriñán, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación previa autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitinte derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas

no plan eólico estratéxico

NomeProvinciaConcellosPotenciaXY

P.E. Touriñán IIIPontevedraA Estrada

Cerdedo

Cuntis

Campo Lameiro

20540.000

540.000

547.000

547.000

4.710.000

4.717.000

4.717.000

4.710.000

P.E. Touriñán IVA CoruñaMonfero

Irixoa

Aranga

25581.000

581.000

583.000

583.000

4.789.000

4.795.000

4.795.000

4.789.000

P.E Touriñán VIIA CoruñaMuxía10481.500

481.500

484.000

484.000

4.770.000

4.772.700

4.772.700

4.770.000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 55 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 5 anos e suporá un investimento global estimado de 7.425 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Eólicos Touriñán, S.A. realizará a investigación de 3 áreas facendo un investimento total de 60.000.000 de pesetas, acadando un investimento medio de 20.000.000 de pesetas/área.

Ó obxecto de coordina-los resultados da investigación co do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Eólicos Touriñán, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación ó Instituto Enerxético Galego (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Eólicos Touriñán, S.A. comprométese a realiza-lo 78% do investimento en empresas afincadas en Galicia, desenvolvéndose a fabricación e ensamblaxe dos aeroxeradores por medio dun convenio coa empresa Metalúrgica Gallega na súa planta situada na zona industrial da Grela, A Coruña.